Apretando o cinto... Tamén coas deputacións...

Hoxe, Zapatero anunciou medidas de recorte do gasto público tan impopulares como a suspensión da retractividade na Lei de Dependencia, a rebaixa do 5% do salario dos funcionarios, a eliminación do cheque bebé (inxusto por terse aplicado linealmente), a conxelación de pensións, a rebaixa do investimento en obra pública etc, etc...

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 12/05/2010

Comparte esta noticia

Como sempre, pagan os mesmos, os de abaixo, os traballadores, as clases medias e baixas, as maiorías sociais.

E todos nos preguntamos que é o que pagan os causantes reais da crise, a banca, os especuladores, os constructores que se enriqueceron escandalosamente de maneira rápida...

E tamén nos preguntamos as medidas de recorte para os salarios de politicos, altos cargos, directivos da banca e grandes empresas, a esixencia de cotizar máis ás grandes fortunas, o patrimonio...

E seguimos preguntando porqué non se reducen ministerios e consellarías de dubidosa rendabilidade pero incuestionable gasto público, e tamén porqué non se reabre en momentos de crise xeneralizada o debate sobre a disolución de uns aorganismos tan arcaicos, clientelares e predemocráticos (ademáis de duplicar gastos e funcións) como son as Deputacións Provinciais.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog