Que vai pasar coa obra social da Fundación Barrié?

Galicia pode ser unha das grandes perdedoras da venda do Banco Popular. A Fundación Barrié, unha das entidades privadas que máis gasta en obra social no país, corre o risco de quedarse sen gran parte dos seus ingresos.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 07/06/2017 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Barrié era o principal accionista galego do Popular. Cando o Popular mercou o Banco Pastor, controlado nun 40% pola Fundación, quedouse co 2,65% das accións resultantes.  Despois, en 2016, cando o Popular ampliou capital en 2016, a participación da Barrié reduciuse ao 1,5%.

Mapa da restauración do Pórtico da Gloria
Mapa da restauración do Pórtico da Gloria | Fonte: Fundación Barrie

Participación valorada en máis de 200 millóns hai uns anos e que hoxe non vale nada. A Xunta Única de Resolución da Unión Europea declarou onte ao Popular entidade inviable. Isto permitiu a amortización de todas as accións do Popular en débeda subordinada (os polémicos CoCos, bonos convertibles continxentes). O Banco Santander faise con todas as accións e con todos os CoCos por un euro. 

ADEUS AOS MILLÓNS POR TER ACCIÓNS

Noutras palabras, a Fundación Barrié  non vai ser accionista do Santander. A entidade coruñesa perde dereito a participar no reparto de beneficios mediante dividendos por acción.

Unha cuestión non baladí, dado que en 2015 a Barrié recibiu 5,03 millóns de euros neste concepto. O ano anterior ingresara máis de 3 millóns polas súas accións.

Feijoo cos bolseiros da Fundación Barrié
Feijoo cos bolseiros da Fundación Barrié | Fonte: GC

VAI O SANTANDER ASUMIR OS ALUGUEIROS DO PASTOR?

Con todo, a principal fonte de ingresos regulares da Barrié non eran os dividendos, senón os alugueiros de oficinas ao Banco Popular. En cumprimento do acordo polo que os madrileños compraron o banco galego, o Popular ten a obriga de alugar á Barrié edificios na Coruña (Cantón Pequeno e Orillamar), Vigo (Colón) e Bergondo (Polígono Industrial). Segundo informara Pablo Barro en Economía Digital, o alugueiro en 2015 supuxo unhas rendas para a Barrié de 5,8 millóns.

Está tamén o Santander obrigado a alugar estas sedes? En que situación financeira queda a Fundación Barrié despois de que as súas accións perderan todo o seu valor? GC tentou realizar estas preguntas a voceiros oficiais da Fundación. Con todo, a postura da Fundación até o de agora é non facer pronunciamento algún. Algo compresíbel debido ao impacto que pode ter na súa viabilidade esta operación.

A Fundación Barrié é unha das entidades privadas que máis gasta en obra social no país, aínda que tamén é certo que a súa actividade reduciuse algo nos últimos anos.  De acordo a súa memoria de 2015, ese ano gastou máis de 8,6 millóns en obra social.

Máis do 40% deses cartos foron partrimonio e cultura. Por exemplo, a restauración do Pórtico da Gloria en Santiago está cofinanciada pola Fundación. Case o 30% para educación, onde a Barrié, entre outras accións, sufraga educación superior no estranxeiro a ducias de mozos galegos todos os anos. No eido da acción social, que acapara o 17% do orzamento, a Barrié indica que beneficiou a máis de 2.200 persoas no seu programa te atención a menores.

BATALLA XUDICIAL Á VISTA

Despois da compra do Santander, existen fundadas dudas sobre se a Fundación poderá manter este nivel de investimento. Unha das variábeis a ter en conta é a xudicial. É moi probábel que os accionistas do Popular intenten algún tipo de iniciativa xudicial para non perder todo o valor das súas accións.

José María Arias Mosquera, ex-vicepresidente do Banco Popular e presidente da Fundación Barrié
José María Arias Mosquera, ex-vicepresidente do Banco Popular e presidente da Fundación Barrié | Fonte: xornal.usc.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 O que queda do Bng

O pobo galego nunca esquecerá que PP e BNG son os corresponsábeis directos pola desfeita das caixas galegas. O PP como parte activa e o BNG condicionado polos seus pufos millonarios con Caixanova: http://praque.blogaliza.org/files/2...

5 anonimo

Pois non sei que terá que ver a compra dun banco por outro co "saqueo" de non sei qué.

4 Gamela

como dixemos hai ben tempo e ninguén fixo caso algún (sindicatos incluídos) o sobriño da Condesa de Fenosa saiunos rá... pero se alguén quixera saber onde levou os cartos da fusión seguramente terá que buscar nalgún Panamá ou Andorra ou Jersey da vida...? Debe ser moi fodido herdar un montón de accións do Pastor e NON PODER TOCALAS !!!

3 FRIJOL O ARRUINADOR

Vendida a catro amigos dos populetas e algún ladron mais que saia polo camiÑo adiante... (-vieiras os teus amigos banqueiros resultaron ser todos uns crápulas que afundiron as entidades e dexairon o país na uci financieira para morrer, que vergonza e ti que caste de economista viñas sendo...)

2 galegoexiliado

Como decía aquel outro José María: el saqueo de ESPAÑA VA BIEN, e o de Galiza tamén. E digo eu si facerlle esto ó opus non será pecado?. Ay, si el Caudillo y el sr. conde levantaran la cabeza..... Menos mal que na Galiza goberna o sr Nuñez e na Expaña o sr Marianooooo.