Desenchufados... da realidade

Semella que os nacionalistas, agás na defensa do idioma, estiveramos desenchufados da realidade do País, deixando a defensa das eólicas, dos servizos sociais, da sanidade, o emprego e o combate contra a crise só para debates parlamentarios e renunciando de antemán a mobilizar a sociedade para poñer freo ao desmantelamento da sociedade do benestar por parte do Partido Popular.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 30/05/2010

Comparte esta noticia

Mentras que o partido Popular alardea de candidatos nas cidades, no BNG seguimos coas clásicas guerras intestinas para o control de listas e da organización máis que para gañar eleccións, polo que o resultado previsíbel serán listas de perfil baixo, candidaturas de pouca introducción social e resultados modestos, pola falta de liderado a nível xeral, mensaxes endogámicas e desgaste (algúns chamanlle "rodaxe") para encarar as eleccións con garantías de éxito.

"Enchufados" no interno e "desenchufados" da realidade exterior, a valoración dos resultados é tamén moi previsíble: Listas controladas maioritariamente pola UPG, pero a responsabilidade de uns negativos resultados para +G e concretamente para Manolo Antelo, Secretario de Politica Municipal na executiva nacional, estreitamente vixiado por Montse Prado, da UPG(organización).

Diante de esta perspectiva, o lóxico para que o BNG se convirta de unha vez por todas en unha forza moderna e capaz, na que se asuman responsabilidades pola xestión politica, sería que a maioría controle a acción executiva en solitario e responda de esa xestión.

O órgano de representación debe recaer no Consello Nacional e a Executiva Nacional debe estar composta unicamente pola opción gañadora, porque do contrario, todo o resto de opcións, serán derrotadas permanentemente pola UPG, principal responsabel da acción politica, pero nunca culpabel das consecuencias erráticas das súas decisións maioritarias.

Si, o BNG debe modernizarse e forzar unha nova cultura, máis aberta e acaída á sociedade galega actual, +G debe forzar un cambio interno deixando a Executiva Nacional do BNG e que a opción maioritaria goberne con toda facilidade, apoiar as decisións da Executiva pero esixindo tamén TODA a responsabilidade dos resultados a quén está xa gobernando "de facto" a organización.

De +G depende un cambio real de cultura politica no nacionalismo e non só posicionamentos de escaparatismo politico. É a única maneira de facer do nacionalismo unha forza de vocación maioritaria, competitiva electoral e organicamente e deixar de conformarse unicamente con ter o control interno da organización asumindo que o noso lugar está permanentemente na oposición (incluso dentro de algún goberno). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog