Por Antón Tenreiro | | 22/06/2010
Pero os que acreditamos en un país moderno e rico, xusto e libre non nos damos por vencidos, e a nosa próxima estación será a esperanza. A esperanza en unha forza politica na que se sintan representados a maioría de galegos e galegas.
Unha forza politica orgullosa da historia antiga e recente con vocación maioritaria de goberno que impida a forzas alleas deseñar politicas contrarias aos intereses dos galegos e galegas.
Unha forza alegre, que gaste as enerxías en construir e non en destruir o seu millor capital en función de afinidades de grupo: militantes e simpatizantes, o capital humano.
A esperanza de que galeguistas e nacionalistas sexan hexemónicos en Galicia con instrumentos non sectareos nin excluintes, senón integradores e eficaces socialmente.
A nosa próxima estación: ESPERANZA. Máis que nunca, Galicia precisa ese instrumento. Os galegos tamén...