E agora que?

Por Antón Tenreiro | | 24/06/2010

Comparte esta noticia

O debate do proceso de elección de candidaturas para as municipais nas cidades dentro do BNG, non resolvía si Carril, Dominguez ou Cela entre outros son os mellores candidatos para as alcaldías, que poden selo perfectamente pola súa valia, cualificación política ou experiencia de xestión ademais das súas calidades humanas.

O verdadeiro debate foi sobre o camiño a seguir polo nacionalismo con dúas visións claramente diferenciadas e das que se poden extrapolar practicamente os mesmos resultados da pasada asemblea nacional, con un 45% fronte a un 55% aproximadamente segundo os casos.

Hoxe existen "de facto" dous nacionalismos dentro do BNG de moi dificil convivencia e a UPG sabedora de esa situación optou por un pulso asambleario que gañou (como sempre) diante da bisoñez de un +G que permitiu un regulamento de elección claramente beneficioso para a UPG e condena á frustración a milleiros de militantes e simpatizantes que tiñan a esperanza de cambiar o BNG e o futuro do nacionalismo galego.

Ademais de recoñecer a derrota, +G debe facer unha profunda reflexión interna e asumir os seus dirixentes a responsabilidade que lles corresponde, tal e como esixían que se fixera no propio BNG.

A UPG atopase tamén con outro problema que é presentarse por primeira vez en solitario a un reto electoral sen o colchón do apoio interno de outros grupos e con TODA a responsabilidade de saber xestionar esta pírrica vitoria sen poder botar a culpa a terceiros tal e como viña facendo permanentemente a pesares de gobernar o aparato interno e as listas electorais.

A sociedade galega sabe despois do "espectáculo" de primarias dado a menos de un ano das eleccións, que no BNG gañaron "os radicais", "os comunistas da UPG" etc. aínda que non sepan moi ben en que consiste a UPG nin o complicado entramado interno de unha organización que non mudou de estructura desde a súa fundación en Riazor.

Se cadra esa total responsabilidade debera trasladarse tamén á executiva nacional do BNG e que a UPG xestione agora en solitario os procesos electorais e a organización e dea contas tamén en solitario dos resultados asumindo as consecuencias en solitario. De esta forma o BNG terá iniciado un verdadeiro camiño de renovación; do contrario será máis do mesmo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog