Gañou España

Tiña comezado o meu blog sobre os haxiógrafos, pero hoxe non hai nada máis grande que o triunfo de España na copa do Mundo.

Por José L. Orozco | Lugo | 13/07/2010

Comparte esta noticia

Encantoume a loita, o tesón, a firmeza, a preparación, e os valores, como dixo Vicente del Bosque dos xogadores de España. Cando un adestrador é capaz de falar de valores e de case desaparecer no momento da celebración é sen dúbida unha persoa que merece a pena.

Foi un mundial moi ben xogado por España; mesmo o partido que perdeu con Suíza, porque non entrou o balón, pero España tamén mereceu gañar. E logo cada día mellor ata hoxe na que foron capaces de vencer tamén o xogo? dos holandeses. Non era fácil porque só pretendían desestabilizar aos españois; pero foron quen de superar as tarascadas e facendo o seu xogo chegou o magnífico gol de Iniesta, que demostrou unha vez máis a súa calidade humana adicándolle o gol a Jarque, malogrado xogador do Español.

Encantoume ver o partido en compañía de tantos e tantos lucenses. Parece que en compañía as dificultades eran menores e o empuxe de todos tiña que dar o seu froito. E deuno, grazas a ese golazo de Iniesta. Canta xente unida por unha causa común, frívola, si, pero causa común.O xogo de esta selección foi quen de unirnos, de darnos autoestima, de darnos unha posibilidade de atopar unha bandeira común.

Cantas veces esperamos este momento! Pero tiveron que ser xogadores que procedían da base, xogadores ben formados como persoas e como deportistas. Non hai outro camiño para sentir os colores e para sentir ese sentido de equipo. Está claro que quen gañou foi o equipo formado por eses xogadores, tamén os suplentes, que nos fixeron sentirnos felices. Grazas e a proseguir.

Remato, mereceu a pena falar desto e non dos haxiógrafos, buscadores de adxectivos, que non saben que en Política quen pon adxectivos son os veciños. Porque grazas a Deus hai votacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Clemente López Orozco naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog