Por Galicia Confidencial | Bueu | 03/07/2017 | Actualizada ás 11:20
En concreto, o máis internacional dos gaiteiros galegos actuará no Pazo de Santra Cruz (Bueu) o 23 de Xullo as 21 horas, no Mosteiro de Santo Estevo de Rivas do Sil de Nogueira de Ramuín o xoves 27 de xullo as 21 horas, na Igrexa do Mosteiro de Oseira en Cea o venres 28 de xullo as 20:30 horas e no Mosteiro de Santa María de Montederramo o sábado 29 de xullo as 21 horas.
As entradas para a xira "A tradición medieval" xa están a venda na plataforma de Afundación, Ataquilla.com, dende só 15 euros máis gastos para Bueu, 18 euros máis gastos para os outros tres eventos.
O músico explicou no seu Facebook que se tratarán de concertos acústicos. En concreto, o virtuoso empregará os instrumentos de madeira que se reconstruíron tomando como base as esculturas do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, reproducidas grazas á Fundación Barrié e coas que xa deu un concerto en Compostela en xullo de 2016.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.