O calendario laboral galego terá 15 festivos en 2018, co 17 de maio estipulado como "recuperable"

O calendario laboral galego terá 15 festivos en 2018 no canto dos 14 habituais, xa que o Goberno autonómico propuxo o 17 de maio, Día das Letras Galegas, como festivo autonómico "recuperable", dado a súa gran tradición e importancia para a cultura galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O calendario laboral galego terá 15 festivos en 2018 no canto dos 14 habituais, xa que o Goberno autonómico propuxo o 17 de maio, Día das Letras Galegas, como festivo autonómico "recuperable", dado a súa gran tradición e importancia para a cultura galega.

Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen sinalou que a normativa estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio.

Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non sustituibles a non ser que coincidan co domingo: (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro).

Ademais, outros festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades: o 6 de xaneiro e o Xoves Santo, que Galicia non cambia tradicionalmente, e dáselle a opción ás autonomías entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A comunidade galega sempre fixa o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia.

POR QUE FESTIVO RECUPERABLE?

Se algúns dos 9 festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a comunidade pode substituílo por outro día, o que ocorre habitualmente (adóitase designar como festivo propio o 17 de maio, precisamente, e nalgún caso optouse por San Xoán). Pero isto non sucede en 2018.

Para eses casos, a normativa estipula que as comunidades poderán fixar un único festivo autonómico que será recuperable. É dicir, engádese unha festa máis con carácter "recuperable", o que significa que cada empresa "acordará a forma de recuperar este día".

O Goberno galego propón que sexa o 17 de maio, Día das Letras Galegas, pola súa gran tradición e importancia para a cultura galega. A elección deste día como festivo recuperable é unha opción que, segundo lembrou Feijóo, xa se usou nos anos 2000, 2001 e 2007.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta