O BNG reivindicará o dereito á autodeterminación na manifestación polo Día da Patria

Ana Pontón chama á mobilización para "dar un golpe na mesa e cambiar as cousas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este luns en Ferrol na campaña de actos previos ao 25 de xullo, Día da Patria, xornada na que este partido reivindicará o dereito á autodeterminación na manifestación convocada.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: Europa Press

Nas inmediacións da casa natal de Ricardo Carvalho Calero, Pontón chamou aos galegos a mobilizarse e participar na manifestación convocada polo Bloque para "dar un golpe na mesa e cambiar as cousas".

Baixo a lema 'Galiza, a nación que compartimos', o BNG reivindicará na protesta que "Galicia é unha nación que ten dereito a ter un futuro en liberdade e que ten dereito a autodeterminarse", sinalou Pontón.

Ademais, a portavoz do Bloque remarcou tamén que Galicia "ten que revelarse fronte ao agravio e discriminación á que nos está sometendo o Estado español".

Neste sentido, Ana Pontón puxo a Ferrol como exemplo desa discriminación. Unha cidade que depende nunha parte moi importante de decisións do Estado e onde "se vendeu o sector naval, seguimos tendo unha ría sen depurar e sen sanear e temos un ferrocarril do século XIX", apuntou.

Tamén cargou a portavoz nacional do BNG contra o Ministerio de Defensa. "Non é lóxico que mentres os veciños e veciñas de Ferrol pagan impostos, teñamos aquí un Arsenal militar que non paga absolutamente ningún tipo de gravame", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

7 Tawil

Leccións de Ana PolPot ...e vainos explicar como autodeterminarse a que non traballou na p vida e leva chupando dos cartos de todos nós dende tempos inmemoriables... E pensa que a autodeterminación se vai pagar así por arte de maixa como aparece na súa conta a fin de mes os cartiños.. aqui non hai petroleo como en venezuela para manter unha republica bananera ata que se acaben a prata... por sorte a estes xa os poñen no seu sitio a maioria social galega cada catro aniños.

6 Balbina

Vendo os comentarios demostrase o ven adoctrinados que están algúns , alá traballa por 1000 euros e non protestes, 1000 euros e vai cun sorriso a traballar, lámbelle ben o cú o xefe, crea emprego... E sobre todo non protestes. Dentros duns anos traballarase polo bocadillo e estes elementos defenderán o patrón pq peor sería pasar fame. O de 5 meses de vacacions que comenta embaixo unha muller demostra a seriedade do seu comentario.

1 Galegus

Está claro a mensaxe do BNG e dos seus trolls, a nomenclatura da UPG - que lambe ben o c. a quen todos coñecemos - ten que cobrar 5.000 netos ao mes desde a adolescencia e ter catro meses de vacacións. Para o resto só queda aplaudir coas orellas e dicir Si buana "polo moito que loitan por nós". E logo teñen o morro de sinalar aos demais como adoutrinados.

2 balbina

Netamente burro eres tí amigo, primeiro busca o significado de Neto e Bruto e logo mira a viga no teu ollo e non a palla no alleo.

5 Antinostrus

Ao BNG faltou-lle un punto fulcral na organización do Patria Day diste ano: por un Pto. de Busca de Pais Descoñecidos e dous metros mais enriba un MexadaLibretrampolin desde onde, aproveitando a súa inexcusabel visita ao lugar, os mais avezados poder mollar cos nosos amoniacais ouriños as cabezas dos descerebradomercenariais mais conspícuos tipo Ratalcantarilleira do Nostrus ou Manmandurreira da Seicavaledora.

4 xacoñecidos..

Cando están na oposición son moi rebeldes, pero cando chegaron á Xunta eran moi mansiños, o que importaba era colocarse, ainda que fora bailando cos vellos nas romeias. Sempre enganan a alguén, o problema é que cada vez enganan a menos xente. Cecais os catro siareiros do ignorante de carballo caleiro e pouco máis.

1 Pfff

É dificil ser tan desatinado en poucas palabras. Os "carballo caleiros" coma dis con mala fe se cadra son a única idea realmente transversal en GZ. Ata hai reintegratas españolistas en el puedemos e no pepé. Despois das túas ruindades sobre quen pode ou non pode bailar na romería, pois apuntar que esas cabezas pensantes agora están maioritariamente noutro proxecto político, aínda que resulta máis cómodo e ruin facer coma quen nunca estivo aí. Iso si, coincido en que o BNG debería traballar máis o independentismo, alén da festa do 25 pero pareceme raro que un pepero coma ti pida máis independentismo. Supoño que virás de recoller doacións po partido entre "empresarios do ocio" e non sabes o que dis.

3 nostrus

Las tonterias del bloque surten el mismo efecto que los cabezazos de los judios en el muro de lamentaciones. Se puede ser español sin ser gallego, pero no se puede ser gallego sin ser español, porque la ciudadania gallega es una extension de la ciudadania española para mejor definicion de ésta. Al bloque no debemos hacerle caso, estan ahi porque Galicia es muy grande y hay de todo. Lo que mejor saben hacer es mentir y confundir a la sociedad porque en un debate serio su argumentario hace aguas.Vivamos lo gallegos, es nuestro modo de ser españoles.

1 teutonio

Ui, logo os galegos da diaspora que non teñen pasaporte español que son?, dando carnés de galego como lle criticas aos demáis?