Temas: BNG 25X

O BNG maniféstase polas rúas de Santiago para reclamar que "Galicia é unha nación"

Ana Pontón subliñou que o BNG ten as portas abertas para "os que senten Galicia, os que confían na súa capacidade e na súa potencialidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2017 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Varios centos de persoas, segundo a axencia Europa Press, secundaron este 25 de xullo a tradicional manifestación do 'Día da Patria' convocada polo BNG para reclamar que Galicia sexa recoñecida como "unha nación", segundo proclamou a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, á saída da marcha que tivo lugar sobre as 12,15 horas desde a Alameda compostelá.

BNG Santiago manifestación 25 de xullo Día dá Patria
BNG Santiago manifestación 25 de xullo Día dá Patria | Fonte: Europa Press

"O BNG quere este 25 de xullo facer un chamamento a que superemos o actual Estado da Autonomía, un Estatuto 'autoanémico' que non nos permitiu progresar todo o que podiamos", dixo Pontón, para quen é necesario que Galicia conte con "unha Facenda propia" e con instrumentos que "permitan mellorar a vida da xente".

Entre proclamas como 'Quen queira, quen non, Galicia é unha nación', Ana Pontón subliñou que o BNG ten as portas abertas para "os que senten Galicia, os que confían na súa capacidade e na súa potencialidade" e realizou un chamamento á "unidade dos galegos fronte a un centralismo cada vez máis caduco".

Temas: BNG 25X
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 Que si

É certo que eran uns centos segundo GC, 200 centos en concreto ou 2000 decenas ou 20000 unidades

4 GaliciaPress

Quixen velo por min mesmo en Europa Press e di que son MILLEIROS non CENTOS. Ollade por vós mesmos na axencia de noticias: http://www.europapress.es/galicia/n...

3 Xose manuel.

Varios centos de persoas???? Señores de GC ides camiño de lvg, coa diferenza de que non tedes subvencions. Teño feito algunha aportacion para soster este medio, nunca mais, que vos aguante iu e podemos. Ata nunca.

2 PedroC

Varios centos??? Será: varios MILES.

1 Un da Algalia

Se ti o dis....eu vendo o que había case que con centos íades sobrados. Eso sí daba justo ver logo aos da estreliña falando español con acento dos madriles nos bares...dime de que presumes e ....

2 PedroC

Mintes máis que falas, españolito

3 Un da Algalia

Pedro C as verdades doen. Moita convocatoria pero os números cantan, igual que canta o galeguismo artificial de facultade das estreliñas vermellas. Ánimo.

4 PedroC

A foto é ben clariña, pero ti podes dicir o que queiras. Estades tan cegados que só dicides paiasadas

5 Un da Algalia

Paiasadas? Esas dixéronse hoxe pola maná en boca dos estrellitas. Centos de estrellitas...contaos na foto.

6 Eu mesmo

Varios centos de persoas??? Nin GC nin o da Algalia, que debe ser outro nick do comunista que pulula por aquí. Daquela, nas concentracións de MArea, Anova, Podemos e IU, todas xuntas, habería menos de 14 persoas (o grupo parlamentario). Non estaba nin a Yolanda Díaz, que prefiriu intervir na comisión na que comparecía Caruana. Só celebran o día da patria española, sexa o 14 de abril ou o doce de outubro!!!

1 T. Pemán

E os galegos que pensan que o comunismo é unha ideoloxía equivocada, inxusta e liberticida temos sitio no BNG? Déixanos a UPG? Que cousas

1 Fada-lobo

Hoxe é o gran Día de Galicia e o Gran Día de Santiago! Anímate e vén á nosa festa! Isto non ten que ver co comunismo, senón con Galicia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Alexa... Unídevos e axudádenos a que a nosa terra non teña que sufrir unha nova aldraxe: http://praza.gal/politica/2778/gali... Contamos contigo tamén, todos somos benvidos na nosa amada terra: http://galicia.swred.com/albagroria... E hora de sermos todos irmáns e reclamar o estatus que a nosa Terra merece. Non máis aldraxes, non máis tratos desiguais. Por nós e para vós. Feliz Día da Patria ou Féliz Día de Galicia. E oxalá haxa un día na que todos os galegos e galegas, independentemente da nosa ideoloxía esteamos xuntos. Por ese día, brindo contigo irmán!

2 Buli

Se queres um partido nacional dereitoso, nom tens mas do que montá-lo. Tempo tivestes, pero é que sodes uns nugalhaos!