Temas: CABRA FISTERRA

As cabras, a nova icona do Cabo Fisterra

Hai proxectos para o Monte do Cabo, entre eles, facer un novo bosque atlántico da fin do Camiño con especies autóctonas e ceibar porcos celtas.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 05/09/2017 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Protagonistas involuntarias, as cabras do Cabo Fisterra reciben sorrintes a visita dos turistas e peregrinos que veñen disfrutar do fin da terra. Completan a visita daqueles que paran tomar un chiquito ou comer no Semáforo, ou que simplemente van disfrutar dun dos solpores máis emotivos e fermosos do mundo.

Cabras na zona do cabo de Fisterra
Cabras na zona do cabo de Fisterra | Fonte: QPC

Pero que fan as cabras no Promontorio Nerium? Caimán, un escorregadizo cabreiro local, solta cada día as súas 35 cabras para deleite dos montes e dos turistas.

Kuka Sar, teniente alcalde da localidade recoñece que “de rapás non lembro ver as cabras por aí, pero xa un pouco máis adiante, xa polos anos 90, creo que as segue habendo”. El mesmo conta que as cabras son moi valiosas por varios puntos: “Fan moitísimo na loita contra os incencios, porque rasuran as malas herbas e manteñen limpos os montes. Ademais non cabe dúbida que son un gran reclamo turístico e son moi fotografadas polos turistas”.

Pero hai unha cousa que non gustaba ao goberno municipal: As excrecións polas explanadas. Nada como un apretón de mans entre cabreiro e concello para que o primeiro se comprometa a manter limpa a zona.

Outros proxectos

Kuka explica que hai ademais un proxecto no caixón para o Monte do Cabo. Un proxecto que de seguro se atopa cos impedimentos de Patrimonio por acoller a zona o conxunto de San Guillerme. Mentres, os axentes forestais soñan co “Bosque Atlántico da fin do Camiño, repoboando con especies autóctonas (castiñeiros, carballos, bidueiros…) no canto de piñeiros, e mesmo acotar unha zona para botar no monte o porco celta.

Precisamente as xentes da Insua contan que antes da repoboación forestal dos anos 60 había cabras no monte, pero comían os novos piñeiros e tiveron que prohibilas. En todo caso, hai quen lembra xa polos anos 80 ver as cabras do “Relojero” polo monte arriba.

Do medio colaborador QPC

Temas: CABRA FISTERRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta