Lalín agarda un centro do SERGAS dende hai oito anos

As primeiras promesas do Centro de Alta Resolución son de 2009. Agora o PSdeG pregunta no Parlamento polo atraso.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 08/09/2017 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, e o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña (Compromiso por Galicia) reuníronse esta semana para abordar Centro de Alta Resolución (CAR) de Lalín. O deputado socialista acaba de presentar un conxunto de iniciativas parlamentarias para reclamar a súa construción.

En 2015  A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o alcalde de Lalín, José Crespo, asinaron hoxe un protocolo de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lalín, para iniciar a avaliación dos diferentes modos de financiamento que posibiliten abordar a posta en marcha dun novo centro de saúde, un Punto de Atención Continuada e un Centro de Alta Resolución neste término municipal
En 2015 A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o alcalde de Lalín, José Crespo, asinaron hoxe un protocolo de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lalín, para iniciar a avaliación dos diferentes modos de financiamento que posibiliten abordar a posta en marcha dun novo centro de saúde, un Punto de Atención Continuada e un Centro de Alta Resolución neste término municipal | Fonte: xunta.gal

A Xunta comezou a difundir propagada sobre o CAR de Lalín a comezos de 2009, cando aínda gobernaba o bipartito. O Goberno prometeu que tería 16 especialidades, máis de 3.000 metros cadrados e 21 consultorios. A día de hoxe as obras nin empezaron.

Segundo denuncian os socialistas, a Xunta do PP pechou as portas ao CAR cando os conservadores foron desaloxados do Concello, hai dous anos, por unha coalición na que participan Compromiso e o propio PSdeG.  Torrado di que o cambio de goberno municipal na localidade “provocou o cambio de actitude na Consellería de Sanidade”, que se negou dende 2015 a recibir ao alcalde ou a membros do seu goberno para desbloquear a infraestrutura e utilizar os terreos adquiridos polo goberno municipal para este proxecto.

Tamén o BNG ten preguntado no Parlamento que pasa polo CAR. “O concello de Lalín, foi o único que cumpriu destinando 17 mil metros cadrados e investindo 355.000 euros”, protestaran os nacionalistas o ano pasado. 

En inverno 2015, pouco antes das eleccións municipais, a maioría do PPdeG no Parlamento permitía que se aprobase unha Proposición non de Lei “sobre a avaliación pola Xunta de Galicia de distintas fórmulas de financiamento para impulsar a posta en marcha do Centro de Alta Resolución de Lalín co fin de mellorar os equipamentos sanitarios”. Asemade, o daquela alcalde, José Crespo, e a daquela conselleira, Rocío Mosquera, asinaron un acordo para a realización do anteproxecto. Dende entón, nada máis concreto se soubo do inicio das obras previstas en teoría en terreo do Alto de Vales. 

"Solicitar a construción do Centro de Alta Resolución que substitúa o actual ambulatorio" é un dos puntos do pacto de goberno de Compromiso, PSOE e PAC en Lalín..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta