O nacionalismo galego expresa o seu pesar polo falecemento de Bautista Álvarez

Representantes de todas as organizacións políticas nacionalistas e do mundo da cultura súmanse ás condolencias pola morte do histórico dirixente da UPG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2017 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Representantes do nacionalismo galego do ámbito político e socio-cultural expresaron este sábado o seu pesar polo falecemento aos 84 anos do histórico dirixente Bautista Álvarez, un dos fundadores da Unión do Povo Galego (UPG). Esta organización, integrada no BNG, comunicou ao redor das 15,00 horas deste sábado o falecemento do "camarada Bautista Álvarez", ao que definiu como "gran patriota galego, fundador da UPG e histórico dirixente do nacionalismo".

Bautista Álvarez, xunto a Bieito Lobeira
Bautista Álvarez, xunto a Bieito Lobeira | Fonte: Europa Press

"A loita pola independencia nacional de Galicia e o socialismo perde unha figura referencial. Bautista Álvarez estará sempre connosco", subliña a UPG a través da súa conta en Twitter.

O seu secretario xeral, Néstor Rego, tamén a través dun 'tuit', reivindicou "unha vida de entrega a cáusaa liberación nacional e social de Galicia" dun "comunista e patriota galego exemplar".

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que "se foi un amigo, un galego ilustre e referente imprescindible". "Grazas por unha vida de compromiso coa liberdade de Galicia", dixo a líder nacionalista.

Do mesmo xeito que ela, manifestaron as súas condolencias outros membros do Bloque como o portavoz en Santiago, Rubén Cela, e a deputada Noa Presas, entre outros. "Compañeiro Bautista, na nosa memoria SEMPRE!", exclama o BNG desde a súa conta oficial.

Mentres, Anova, forza política resultado dunha escisión do BNG que fundou o tamén histórico Xosé Manuel Beiras, exhibiu un "fondo pesar" e enviou un abrazo "aos compañeiros" da UPG.

Ao lado das entidades e organizacións sociais, A Mesa Pola Normalización Lingüística mostrou a súa dor pola morte de Álvarez, do que eloxiou "unha vida entregada á nación galega tamén como activista da súa lingua".

A Editorial Xerais lamentou tamén a morte dun "político e escritor nacionalista", do que lembra que foi membro da Xeración Brais Pinto.

Tamén o que fora secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, e o alcalde de Lalín por este partido, Rafa Cuiña, expresaron o seu pesar pola súa perda.

Bautista Álvarez será velado e enterrado na tarde deste domingo na súa parroquia natal, San Cibrao de Las, en San Amaro (Ourense), por expreso desexo da súa familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

7 undetantos

Eu estou moi lonxe ideoloxibamnete do que pensaba este señor, pero o que me avergoña, son os tiparracos que se din de esquerdas e o único que fan e criticar a esquerda e ao nacionalismo, verdadeiramente dan noxo polo seu sectarismo e falta de respeto, en cantoa que viviu da política, isto foi asi porque moitos cidadans galegos o elexiran para que fose o seu diputado, cousa que a moitos dos que aquí opinan non os elexiria nin a sua familia

6 Fartaninistas

E ademais era un escritor bastante bo: retranqueiro e fino observador. Que a terra lle sexa leve.

5 nostrus

A este individuo costáballe moito vivir en democracia. Cando morreu Franco tamen foi chorado por moita xente. De todos modos, descansen os dous en paz.

1 Fartaninistas

Oh... Nostrus, que coincidencia a túa e a miña: acabo de comentar eu e xa estás ti replicando... Oh... Que casualidade!Ata che vou dedicar unha estrofa dunha das miñas poetas preferidas: Wislawa Zymborska... http://www.poesiademujeres.com/2012... E retranca, por se non o advirtes... Iso que Bautista coñecía tan ben e algúns dos lectores e dinamizadores deste sitio xa esqueceron.

4 Fartaninistas

É vergonzoso que non respectedes o falecemento dunha persoa que tería, como todos, as súas luces e as súas sombras, pero que foi coherente e amou a Galicia. E penoso e magoante ler a maioría dos comentarios neste foro. Tede un mínimo de respecto!

3 Enxebrista

Na miña idea era un tipo coherente, seguramente enfrontado o bng/UPG, pero é que o BNG é unha parodia de partido, ninguén normal sigue a esa xente xa.

1 Un tipo normal

Desde a aparición das novas tecnoloxías calquer imb.cil pode opinar.

2 Enxebrista

i antes tamén, só tiñan que abri-la boca.

3 MolanfiestuquisSanFermin

Oscar Wilde: "Hay mucho que decir en favor del periodismo moderno. Al darnos las opiniones de los ignorantes, nos mantiene en contacto con la ignorancia de la comunidad."