Por que houbo unha praga de ratas nun centro da Cañiza?

Educación lamenta as "molestias" a pais e estudantes e remarca que se traballa para que "todo estea en perfecto estado de revista" a semana que vén

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2017 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, atribuíu a un "desaxuste na comunicación entre o Concello e a Xunta" os problemas derivados da praga de ratas nun comedor do colexio da Cañiza (Pontevedra) e as actuacións fronte á mesma. "É evidente que houbo un desaxuste na comunicación entre o Concello e a Xunta de Galicia", manifestou o conselleiro, no transcurso dunha visita oficial a un centro educativo de Pontevedra.

Rata nun sumidoiro
Rata nun sumidoiro | Fonte: icipolleti.com

Román Rodríguez fixo estas declaracións acompañado do xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, a quen culpou este luns o alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez (PP), por non actuar con celeridade neste caso.

Este martes, o conselleiro pediu desculpas á comunidade escolar do colexio polo peche do comedor que "obviamente xerou unhas molestias". "Lamentamos esas molestias que lles causou ás familias", esgrimiu.

No CPI da Cañiza estudan 530 alumnos. Entre outros contratempos, o peche do comedor obrigou reaxustar o horario de autobuses e os alumnos de ESO están a ter menos horas lectivas.

"EN PERFECTO ESTADO DE REVISTA"

Román Rodríguez informou de que, nestes momentos, "os servizos sanitarios xunto cos educativos e o Concello están a traballar para que estea todo en perfecto estado de revista para a semana que vén" e engadiu que, "se non é o luns, será ao longo da semana". Mentres tanto, o comedor permanecerá pechado ata ter os resultados das probas bacterianas.

"Foi un incidente puntual que pode pasar ao longo do verán", sinalou o conselleiro de Educación, para quen "o importante" é que "tarde ou cedo o importante é que se tomaron medidas cando se tivo coñecemento". Finalmente, Rodríguez destacou que "o que se prioriza aquí sempre é a máxima seguridade sanitaria e alimentaria dos alumnos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Hartito

No eran ratas era un mitin del pp

1 rata bastarda

Señor Conselleiro, ao longo do verán... quedan dous días... que outono empeza o venres 22!