Alumnos da USC protestan contra tres profesores que asinaron un manifesto antirreferéndum

Celestino García e Miguel Caínzos, de Políticas, e Roberto Blanco Valdés, de Dereito, asinaron o manifesto "Parar el golpe. 500 profesores en defensa de la democracia constitucional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2017 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Medio cento de alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) concentrouse ás 14,00 horas deste xoves --ante a Facultade de Políticas-- para protestar contra tres docentes desta institución compostelá que asinaron o manifesto 'Parar el golpe. 500 profesores en defensa de la democracia constitucional', contrario ao referendo do próximo 1 de outubro en Cataluña.

Protestas de estudantes da USC contra profesores contrarios ao referendo
Protestas de estudantes da USC contra profesores contrarios ao referendo | Fonte: Europa Press

Así, alumnos de Dereito e Políticas concentráronse tras unha pancarta na que se podía ler: 'Non no noso nome'. En declaracións, Pablo Rodríguez, un dos estudantes presentes, explicou que se convocou esta concentración para protestar contra estres tres docentes por asinar un manifesto "que pouco máis que pedía o uso da violencia en Cataluña".

"Apoiamos o dereito a decidir e estamos en contra do uso da violencia por parte do Goberno", sostén Rodríguez, que apunta que "se les o manifesto non buscan unha saída diplomática do asunto de Cataluña".

En concreto, os tres profesores contra os que protestaron este xoves son: Celestino García e Miguel Caínzos, de Políticas, e Roberto Blanco Valdés, de Dereito, e un dos colaboradores editorialistas do xornal La Voz de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

11 Santiaguiño

En la facultad de politicas venia muy bien un poco de democracia de la que reparte la policia nacional. Menos manifas e mais labrarse un futuro, larpeiros.

10 Mirpaz

O que máis chama a atención de todo isto é ver a comunistas "de los auténticos" que din eles coincidindo nos argumentos co PP, Ciudadanos e PSOE: https://twitter.com/ciudadfutura/st... Confeso que eu seguía a algún destes...

9 Seve Salgueiro

O lema levado é "non no noso nome". Protestan porque no manifesto antireferendum, xusto ao nome dos asinates, figura "Universidade de Santiago". Refeitan que figure a USC porque eles non a representan. Ademáis, este grupo de alumnos manifestan seu apoio ao Referendum.

8 Respostando a LKI

A propia noticia di no texto que foron 50 estudantes. ¿ Qué tal se leemos ?

7 ouizo

Todos los que se oponen a la consulta sobre lenguas en la escuela son una minoría fascista enemiga de la mayoría del puebo gallego. Odian que el pueblo gallego manifieste una y otra vez una voluntad espanholista y conservadora. Habría que directamentre tratarlos como enemigos del pueblo.

1 Eu digo Raxoi e feixoo

"enemigos del pueblo" Uf, que fedor fascista