Os grandes medios galegos obvian as violentas cargas policiais en Cataluña

Os principais medios de comunicación de todo o mundo denunciaron a brutalidade policial. En troques, as referencias á actuación da policía española en medios como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego case non existiron.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Desinformación”, “manipulación” e “medios comprados” foron algúns dos berros que se puideron escoitar non só en Cataluña, senón tamén en diversas manifestacións convocadas a última hora da tarde do domingo en distintas cidades de Galicia. Unha manipulación informativa que tamén chegou aos grandes medios de comunicación de Galicia, mentres que os principais referentes informativos de todo o mundo como a BBC, a CNN, o New York Times, Liberation ou The Guardian denunciaron duramente a violencia policial.

Titular de CNN, A vergoña de Europa, sobre  a violencia policial en Cataluña
Titular de CNN, A vergoña de Europa, sobre a violencia policial en Cataluña

A Generalitat apuntou que máis de 700 persoas resultaron feridas durante a xornada deste domingo polas violentas cargas policias, algunhas delas graves. Pero, a pesar das imaxes que deron a volta ao mundo e que abriron informativos en numerosos países, foron moi poucos os grandes medios galegos que informaron da actuación dos antidisturbios.

E foi, sobre todo, o principal medio do país, La Voz de Galicia, o que practicamente non informou de ningún tipo de violencia policial contra os cidadáns. Durante toda a xornada do domingo adicouse, na súa edición dixital, a informar da ilegalidade do proceso e a incidir, sobre todo, na mensaxe que o Goberno popular de Rajoy trasmitiu nas últimas semanas.

Unha mensaxe que tamén reproduciron outros medios galegos, como El Correo Gallego, La Región, El Progreso ou Faro de Vigo, aínda que, no caso destes dous últimos medios, especialmente, o xornal vigués si que deu conta ao longo da tarde do domingo do número de feridos e da actuación dos antidisturbios.

Os medios españois tamén calados

A mesma mensaxe que trasladaron os principais medios españois, desde la Razón ata El Mundo, pasando por El País ou a Cadena Ser, que tentaron minimizar, en todo momento, o acontecido durante a mañá do domingo. Unha información que contrastou cos grandes titulares da prensa estranxeira que denunciou duramente a actuación policial española. Unha cobertura informativa que provocou as críticas de moitos dirixentes políticos, entre eles, a ministra principal de Escocia, o presidente do Parlamento Europeo ou o líder dos laboristas británicos.

A derrota de Rajoy titula o xornal francés Liberation sobre o acontecido en Cataluña
A derrota de Rajoy titula o xornal francés Liberation sobre o acontecido en Cataluña

O ex ministro de Defensa José Manuel García-Margallo recoñecía nunha entrevista a La Sexta que o independentismo catalán conseguira gañarse á opinión pública europea tras a actuación policial en Cataluña.

Portada do dixital de El Correo Gallego sobre o referendo catalán
Portada do dixital de El Correo Gallego sobre o referendo catalán
La Voz insiste na versión de Rajoy sobre o proceso catalán
La Voz insiste na versión de Rajoy sobre o proceso catalán
Feridos por pelota de goma nas protestas en Barcelona
Feridos por pelota de goma nas protestas en Barcelona | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Galiza is not Spain

Ben untado pola mafia PePeira Santi Rei dende o seu pazo de Marbella, fai terrorismo informativo con Robertosblancovaldeses xuntaletras mercenarios vendidos ao millor postor. Mentras toda a prensa internacional é un clamor, contra criminal e corrupto o neo franquismo represor.

4 Chas

No me lo puedo creer....si aquí tenemos unha prensa libre y objetiva....ja ja ja. ..ah no, q es subvencionada...

3 Cilia Volve Herrero

Nesta información tamén se inclúe "La Voz de Ana Pontón". Ou non?. Estraña alianza xornalística entre Santiago Rey, Blanco Valdés e o BNG. Por algo será.

2 Carles

Moitas grazas por informar. Sois un exemplo de periodismo a diferenza de medios como A Voz de Galicia que parece un esperpento de xornal.

1 galegoexiliado

É a costume. So romerías, festas gastronómicas e a vida e milagros do Mesías Mariano e o seu Profeta san Alberto. Lección nº 1 de xornalismo: non deixes que a realidadade che estropee unha bonita portada. De seguro que se informaban pola TVE.