Feijóo converte o gran debate político de Galicia nunha discusión contra os “golpistas” de Cataluña

"Insurrección" e "subversión"foron parte das aseveracións que o presidente galego adicou á situación de Cataluña.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Instou aos grupos da Cámara a asinar un texto en contra do que cualificou "golpe de estado". As propostas para Galicia quedaron opacadas, entre elas, máis postos de traballo ou impulsar o sector primario.

Feijóo en el Debate del Estado de la Autonomía
Feijóo en el Debate del Estado de la Autonomía

Máis de media hora falando de Cataluña. Ese é o tempo que adicou o Alberto Núñez Feijóo durante o seu discurso no debate do estado da autonomía, o debate político máis importante do país. Un debate que o presidente galego converteu nun debate sobre Cataluña. E iso, a pesar das advertencias que fixo o martes o presidente da Cámara, o tamén popular Miguel Santalices, que instou aos líderes políticos a centrarse nos problemas de Galicia e non nos de Cataluña.

Feijóo arrincou  e rematou a súa intervención no debate de política xeral cunha apelación ao acordo da Cámara para censurar os "ataques ao Estado de Dereito" por parte dos "políticos golpistas" de Cataluña. Así advertiu de que o que ocorre en Cataluña afecta a toda España, e por tanto a Galicia, e chamou a "defender a convivencia". "Eu fágoo sen paliativos", asegurou, crítico coa postura "ambigua" doutros partidos, en alusión ao PSOE.

Por iso, e sobre todo dirixíndose aos socialistas, pediu "pactar" unha proposta de resolución nese sentido pero, consciente de que sería "insuficiente", prometeu "predicar co exemplo" para que os galegos sentan "tranquilos".

O presidente galego despachouse a gusta contra os partidos nacionalistas e independentistas cataláns aos que cualificou de "infaustos", "infames" e "golpistas". E fronte a eses políticos contropuxo un modelo, o seu, de defensa da unidade e da convivencia en España.

Alberto Núñez Feijóo en el Parlamento
Alberto Núñez Feijóo en el Parlamento

Non tivo ningunhas palabras para condenar a violencia policial do domingo contra centos de cidadáns cataláns, pero si para criticar os "ataques" á democracia dos independentistas. "Mentres eu siga á fronte da Xunta non se avalarán nin cometerán disparates como os que se están vendo en Cataluña. Outros apoian o totalitarismo, pero non é o meu caso", dixo.

"Subversión"

Así, denunciou a "subversión ás normas constitucionais" e o "desafío á Democracia" do pobo catalán. E advertiu: "Defenderemos, con todas as medidas necesarias, que iso --a independencia-- non pase. O Estado das Autonomías é noso", suliñou en relación á aplicación do artigo 155 da Constitución.

"Non vivimos nun réximo opresor, como lle gusta dicir a algúns partidos nacionalistas e de esquerda, senón nunha Democracia plena", insistiu e acusou aos principais partidos cataláns de apostar pola "insurrección". "Non lles parece lamentable que non se fale do paro, da situación económica, das familias, e si do desafío independentista", preguntouse cando todos os medios do Estado e os de Galicia levan falando de Cataluña desde hai semanas e cando el mesmo substituíu o gran debate de Galicia por un debate sobre Cataluña.

Feijóo referendou a promesa que realizou cando tomou posesión do seu cargo por terceira vez, de "observar e facer cumprir" a lei, e preguntou aos grupos da oposición en que postura se sitúan. "¿En que lado está esta Cámara?", inquiriu, consciente que estes actos "ilegais" só poden "avalarse" ou "condenarse".

Pactos

Con todo, e a pesar de pedir un acordo sobre o tema catalán, tamén asegurou que o seu "socio de goberno" son os galegos. "E este mandato ímolo a respectar", manifestou durante o seu discurso no Debate do Estado de Autonomía, no que contrapuxo a "estabilidade" do seu Executivo, avalado pola "única maioría" absoluta do Estado, fronte á "tiranía" de "minorías" como a da Generalitat.

Por iso, para evitar "efectos" como o do independentismo en Cataluña apostou por "traballar para blindar as administracións fronte á chantaxe" de "quen non aceptan o papel que lles dá a democracia".

E que pasa en Galicia?

Tras case dez páxinas do seu discurso adicadas ao tema catalán, Feijóo comezou a falar de Galicia e describiu un país no que todo vai ben; o leite, o agro, os servizos, a industria, a pesca. "Obviamente, pódese facer mellor pero Galicia crece máis que o conxunto do Estado", dixo. "Todo admite matices, pero avanzamos cando había as maiores dificultades", engadiu.

En todo caso, avanzou que esta lexislatura será a do sector primeirio, a de máis innovación e máis exportacións.  Así, prometeu que a "mellora económica" que rexistra Galicia levará unha baixada de impostos, máis axudas para as familias, a ampliación da atención a dependentes, máis investimentos en sanidade, máis recursos para innovación e máis medidas para o fomento do emprego.

Anuncios

E fiel ao seu comportamento neste tipo de debates, o presidente galego anunciou unha batería de iniciativas. Así, dixo que o seu Executivo porá en marcha o primeiro campus dedicado exclusivamente á Formación Profesional (FP) en Galicia, no que varios centros especializados fomentarán a innovación e o nacemento de novas empresas. Tamén unha oferta pública de emprego con 14.000 novos postos de traballo, un plan estratéxico para a produción ecolóxica, a ampliación da tarxeta benvida para as rendas baixas, novas bonificacións nas taxas das garderías e máis medidas de conciliación para os empregados públicos, entre outras cuestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

11 Feixó o extranxeiro

O presidentiño ve a caida de Raxoi e apresurase a facer unha carreira express para pillar posto en Madrid...

10 Anti...

Primeiro.- o narigudo dos Peares so está prao sorteo dos postos de saida da sacrosanta predidencia da nación española. * segundo.- charnego en puridade é o fillo/a dun francés /a e un/ha catalá/n. * A canción de Zeca Afonso chamada " grandola Vila Morena" non foi empregada pra botar fora unha democracia senón a ditadura do Salazar no Portugal, mentres o ditador paquiño morreu no leito e con moito diñeiro pra manter os seus sen darlle o fouciño.

9 Qué lles dean!

Teñen a bota sionista nos fouciños é estes ineptos de "nosotros y ellos" ollando para o Kremlin. Negar a implicación do estado de Israel que "promete financiar a nova colonia sionista" e facer un novo paradiso fiscal. A Primaveira de colorins en Outono de George Soros (coma de Potemos) e os trotskos. A burguesía chamada os xudeos de Iberia dun lado, capitaneada por un corrupto noxento carca ultraliberal, sionista e anti obreiro, Puig"dos demos" de recurtes mais neoliberais que o PP, vido dunha ex CIU tan corrupta. E uns mossos malla obreiros onte criminalizados por violentos que de 3 denuncias 2 rematan en xuizo, hoxe anxos da garda. Xunto aos supremacistas sionistas anti-charnegos e pequeno burgueses de ERC de "marisquiño baratiño" e nenos latando da escola. Doutro lado a burguesia expañola e os que por desgraza xa coñecemos. Qué lles dean, a uns e outros! No medio a clase traballadora e resto da poboación, a que nin consultan, nin dan vela no enterro.

1 D\lavañou

Acertado análisis , Irrefugable .

2 Salvar_Europa

Non gosto de partillar de rumores; pero algo de razón douche na posible inxerencia esterna cando o Netania.u dixo que Europa non ía gozar da "ciencia" deles e que ía pagar polas súas posicións políticas no asunto Palestino por diante dos negocios con eles. Soaba raro cando o escoitei de primeiras (sobre todo o aire de superioridade ante Europa); pero hai moita relación co que dis, se temos en conta que o que dixo Valls sobre a caída da UE se Catalunha se independiza. Porén, aquí o que importa é a posición dos cataláns , que nun 80% querían referendo e foron mallados por elo...Así non se constrúe unha Europa forte, senon unha ditadura odiada por todos e feble ante todos.

8 Watchingsolpores

E encima o que sufro buscando bots deses e rusos asexándome. https://elsaltodiario.com/no-les-cr...

1 plinio

Na xunta siguen dándo permisos semanales por obra e gracia do Secretario Xeral da Axencia de medio rural para os que non existe dereito nin amparo legal

7 Watchingsolpores

Tarde practicando mi english mientres te espero el solpor: https://www.theguardian.com/world/2... E buscando a Galicia na lista seguinte: http://www.europapress.es/economia/...