A moción de censura a Fernández Albor e a “traición” de Cuíña, no pleno de Lalín

O ex edil de CxG e agora no grupo dos non adscritos presenta unha estrana iniciativa na que lembra que o pai de Alfonso Rueda e Xosé Cuíña foron os impulsores da moción de censura contra Albor e que logo “traicioaron” a Barreiro.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 11/10/2017 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O comportamento de Juan José Cruz García, ex concelleiro de Compromiso por Galicia (CxG) en Lalín e, agora, edil non adscrito, non deixa de sorprender. Aínda que o PPdeG chegou a apoiar varias das súas iniciativas, o certo é que este edil vai por libre e, unha das súas últimas propostas, mesmo chegou a provocar enfado entre o grupo de goberno e sorpresa no do Partido Popular.  

Cartel electoral con Manuel Fraga e Xosé Luis Barreiro
Cartel electoral con Manuel Fraga e Xosé Luis Barreiro

Cruz García presentaba hai uns días para o seu debate en pleno unh moción sobre a moción de censura a Gerardo Fernández Albor no 1986 e apuntaba directamente a Xosé Cuíña, pai do actual rexedor de Lalín, Rafael Cuíña como “traidor” e “instigador” desa manobra política. “ Os que apoiaron a Barreiro doblegáronse ante Fraga e sometéronse de novo a Albor supoñemos que a cambio da promesa de medrar politicamente se obedecían a Fraga. Entre estes traidores que recuaron estaría Xosé Cuiña”, suliñaba este político.

Ademais de cualificar de “traidor e covarde” a Cuíña pai, o edil non adscrito destacaba que varios políticos incluso chegaron a asinar un documento secreto apoiando a Barreiro. “Parece ser que entre os apoios de Barreiro estaban o pai do actual vicepresidente Rueda e incluso homes coma o propio Cuíña. Á última hora Fraga freou o motín. Barreiro foi lanzado ós leóns. Outros, entre os que se atoparía o propio Xosé Cuíña salvarían a súa cabeza axeonllándose ante Fraga. O senador Rueda non se enterou porque estaba en Alemania e tamén foi defenestrado. O nome de Cuíña quedou a bo recaudo. A cambio da súa traizón, ascendeu como a escuma no partido e recuperou a Rueda como compensación ao seu silencio. Cuíña sabería que Rueda podía cortarlle a cabeza se falaba”, recollía na súa iniciativa.

E todo porque Rafael Cuíña decidiu apoiar públicamente ao ex presidente galego e amosarlle o seu “cariño” polo seu 100 aniversario, a pesar do enconado enfrontamento que mantén co PP local que mesmo se ten valido do voto deste edil non tránsfuga para minar o goberno local.

Rúa Fernández Albor

“Quizáis Rafa Cuíña queira saldar a débeda familiar daquela traizón; ou quizáis eu faga unha caprichosa lectura política daqueles acontecementos históricos, pero en ningún caso vou chamar a un amigo periodista para que me bote un cable e faga un artigo de opinión no meu nome para criticar a Rafa Cuíña. Os artigos das miñas opinións asínoos eu mesmo. E sabedes por que?. Pois porque eu prefiro ser un mal político que un político traidor”, aseguraba con dureza Cruz García.  

Albor recibe as felicitacións de Casares Long ante Feijóo e Rajoy
Albor recibe as felicitacións de Casares Long ante Feijóo e Rajoy | Fonte: USC

Na súa particular iniciativa, e a xeito de ironía, propuña bautizar unha rúa de Lalín co nome do expresidente Gerardo Fernández, crear un premio xornalístico/bolsa ou similar co nome deste persoeiro, “ceder os resultados desa investigación ao señor alcalde co fin de que poida engadir o seu coñecemento da historia de primeira man” e “propoñer a concesión dun premio xornalístico ao xornalista do Correo Gallego autor do artigo de opinión crítico” coa súa opinión sobre a figura política de Albor pola “súa valentía, rigorosidade, profesionalidade e bo facer xornalístico”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Marcelo de Tui

Non o entendo moi ben: o PP de Lalín permite que se lle falte ao respecto a Albor e a Rueda pai???

1 Xanti

Pois si afiliado do PP, pois si. E que queres que fagan. Que contraten a un matón para que lle curta???

2 Carlos Dertel

O lóxico sería que o PP non pacte vin fulano que fai eso co pai de Rueda

5 Xilgar

Pobre rapaz o Cruz, a xente rise del, o PP o utiliza en política e os veciños o padecen

4 Medelo

Este Cruz debe ser o individuo políticamente máis detestable da Galiza

3 De Galicia

Si Juan José Cruz ten algún defecto, o primeiro responsable de que estea no concello é Rafael Cuiña, que foi quen o puxo na súa lista. Por tanto, que non chore. Doutra banda, na pasada lexislatura municipal todos os concelleiros de CXG foron transfugas do BNG. Así que, menos hipocrisía.

2 Eu mesmo

Ten solución, existen hospiatais psiquiátricos ou, se for o caso, centros de dexintoxicación daquelas substancias que perturban a mente ou, tamén, de ser católico, a confesión desos pecados con propósito de emenda.

1 De Galicia

¿Falas por Rafa ou por Juan José? As arroutadas do primeiro son ben coñecidas en Lalín.