Acusan de homófobo ó alcalde de Valga por utilizar o termo “tortilleira” coa líder da oposición

Bello Maneiro xa se negara a retirar a mención honorífica de fillo predilecto da vila a José Manuel Castelao Bragaña despois do seu comentario “as mulleres, como as leis, están para violalas”.

Por Galicia Confidencial | Valga | 16/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A asociación feminista Nós Mesmas, de defensa dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, acusa ao rexedor de Valga, o popular José María Bello Maneiro, de utilizar linguaxe homófoba e sexista durante un pleno deste mes de novembro.

José María Bello Maneiro, alcalde de Valga (PP)
José María Bello Maneiro, alcalde de Valga (PP)

Bello Maneiro respondeu á portavoz da oposición María Ferreirós coa expresión: “as súas interpretacións tortilleiras”. “Trátase dunha linguaxe lesbófoba e sexista, que a pesar de estar carente de calquera significado lóxico, atopase tan normalizada e interiorizada na linguaxe do Sr. Alcalde, que a utiliza fóra de contexto e nun espazo institucional”, denuncia esta entidade.

“O que dicimos e a forma na que o dicimos é un reflexo do noso pensamento, por isto a linguaxe pode erixirse como unha potente arma de discriminación social, neste caso, unha adxectivación pexorativa dunha orientación sexual, a lesbiana, perpetúa a discriminación, as relacións de desigualdade e os estereotipos e que é máis grave e daniña cando a emite unha persoa cunha representatividade social nun acto institucional como o que aconteceu”, engade nun comunicado esta entidade.

"AS MULLERES ESTÁN PARA VIOLALAS"

Está non é a primeira situación similar que protagoniza o Alcalde, xa que fai uns anos e a pesar da insistencia de diversos colectivos, negouse a retirala mención honorífica de fillo predilecto da vila a José Manuel Castelao Bragaña despois do seu comentario “as mulleres, como as leis, están para violalas” e tivo que ser o propio Castelao Bragaña quen renunciase ao título.

Dende a asociación feminista, demandase unha aclaración do acontecido e rectificación por parte de Bello Maneiro, en cumprimento da Lei 2/2014 de igualdade de trato e non discriminación das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais de Galicia. Tamén pide que se  declare o seu compromiso e por extensión do Concello de Valga, coa loita contra a homofóbia, o machismo e o sexismo, pola igualdade e a non discriminación “implementando as accións precisas para facer de Valga unha vila na que non teñan cabida adxectivacións como o vertido, nin acontezan espectáculos sexistas como os das pasadas Festas da Xuventude”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Axpf

Non confundir liberdade de expresión con falta ao respecto... Pero vexo que últimamente non respectades moito, bueno si, aos rateros, mafiosos e machistas si..

4 Carlos G.

No tenía ni idea de la existencia de este señor, pero cuando la Inquisición Feminista se pone contra alguien no queda otro remedio que apoyar a la víctima de la inquisición. De no ser así en poco tiempo no podremos ni hablar.

3 libertas

Cada vez hay menos libertad de expresión con tanta corrección política. Hoy en día serían impensables letras de Sabina o incluso de Hombres en las que se hablaba de marica o mamón.

1 Pablo OC

Un cargo público ten que dar exemplo, menuda palla mental tes que ter para facer ese exemplo

2 bazarra

pronto podra seguir gastando en gasolina, comidas , autopista por fin sacan las plazas para los altos cargos de agader, este 21 los santifica su bien amada conselleira.

1 Hkez

Acho que o patán quis dizer "torticeiras", mas como bom pailán não sabe falar

1 bazarra

para eso se despiden a varias...claro

2 zqt2

sus gastos no llegan a los 2500 al mes no seáis demagogos

3 bangi

y el complemento mensual de 2000?