Barreiro Rivas, de mitin co PPdeG 30 anos despois de apoiar a moción de censura de González Laxe

Quen foi vicepresidente da Xunta, e hoxe editorialista de La Voz de Galicia, participou nun acto de Novas Xeracións no que se criticou duramente o nacionalismo e a actual situación de Cataluña e no que participaron Ana Pastor, Alfonso Rueda, Ángeles Vázquez, Román Rodríguez, Pedro Puy e Miguel Tellado. Os mozos populares acabaron cunha práctica de airsoft, un xogo de estratexia militar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A vida política de Xosé Luis Barreiro Rivas dá para un guión cinematográfico. Quen foi vicepresidente da Xunta con Albor, do PP, e vicepresidente con Fernando González Laxe, do PSOE; acusado logo de tránsfuga, inhabilitado polo Tribunal Supremo e o Constitucional, próximo no seu día ao BNG de Anxo Quintana e unha dos principais editorialistas de La Voz de Galicia, volve ás súas orixes políticas.

José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey
José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey | Fonte: lamoncloa.es

Xa hai un tempo que GC xa falara , nun acto organizado por La Voz de Galicia, da aproximación de Barreiro Rivas ao Partido Popular e a Mariano Rajoy, íntimos inimigos nos anos 80, pero esta aproximación estase facendo máis evidente nos últimos tempos. O último xesto desta nova aproximación do profesor da USC ao PPdeG tivo lugar o pasado 12 de novembro, nun acto de Novas Xeracións.

Segundo fontes consultadas por este medio, Barreiro Rivas participou  nun acto político dos mozos populares que estivo moderado por Diego Gago, presidente de Nuevas Generaciones, e no que tamén compartiu espazo co voceiro parlamentario do PPdeG no Parlamento e tamén profesor universitario, Pedro Puy. Un debate que estivo centrado en Cataluña e no que o ex político fixo unha fechada defensa da españolidade desta autonomía e critico duramente ao Govern cesado da Generalitat.

De feito, esas xornadas tiveron a Cataluña como principal protagonista. Irene Pardo (Novas Xeracións de Lleida), Carlos Artola (estudante) e Adrián Prado (presidente de NN XX de Galicia) participaron, previamente, na mesa “Cataluña: unha sociedade fracturada?”.  As actividades foron clausuradas por Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados; o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cuxa presenza estaba anunciada para a clausura.

CATALUÑA E AIRSOFT

O acto tivo lugar no Albergue Vicente Agulló de Lalín que acolleu a Escola de Formación de Novas Xeracións de Pontevedra. Pero nas xornadas non estaba anunciada a presenza de Barreiro Rivas, pero si a da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; o portavoz do PP lalinense, José Crespo, e o secretario xeral do PPdG, Miguel Tellado con quen os mozos de NN.XX. Realizaron varias actividades que incluíron, tamén, unha visita á cooperativa de Gresande e a unha explotación de vacún.

Barreiro Rivas, con Diego Gago; presidente de Nuevas Generaciones e Pedro Puy
Barreiro Rivas, con Diego Gago; presidente de Nuevas Generaciones e Pedro Puy

Durante esa actividade, Tellado lembroulles aos militantes do PPdeG que “sexan conscientes do que ocorre en Cataluña”. O programa tamén contou cunha visita a unha fábrica de queixos e unha práctica de iniciación ao airsoft, unha actividade lúdico-deportiva de estratexia baseada en estratrexias militares e nas que se xoga con armas de guerra simuladas. 

BARREIRO RIVAS

Foi deputado por Alianza Popular no Parlamento de Galicia (1981–1987), conselleiro da Presidencia (1982–1986) e home forte do goberno galego durante a presidencia de Xerardo Fernández Albor. O 30 de outubro de 1986 tentou provocar a dimisión de Albor, sen conseguilo. O ex presidente galego conseguiu o apoio de Fraga e nomeou a Mariano Rajoy como vicepresidente.

Pouco despois, en 1987,con outros catro parlamentarios apoiou a moción de censura de Fernando González Laxe, de quen foi vicepresidente por Coalición Galega, pero tivo que dimitir en 1988 tras un auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o procesaba por irregularidades na concesión da lotería autonómica. Esta sentenza foi recorrida perante o Tribunal Supremo, que en setembro de 1990 o condenou a seis anos de inhabilitación, confirmada con posterioridade polo Tribunal Constitucional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

4 Finezza

Coma os máis novos ao mellor non coñecen ben a súa traxectoria deixo uns enlaces: https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C... http://www.galiciaconfidencial.com/... http://www.laopinioncoruna.es/galic... A nova aqui sería coñecer a opinión de Beiras... O outro día soñei que confluían o PP e as Mareas... Que soños máis raros teño!!!

1 Tamén hai que dicir

Pois ti debes ser ben novo porque senón saberías que foi uns primeiros políticos víctimas de axustizamento por parte dos seu anterior partido para eviatr unha moción de censura, denunciado por unha prevaricación administrativa nunha adxudicación de lotería galega que a día de hoxe pegaría a risa. De feito foi absolto polo TSG, pero volto a condear polo TS baseándose nunha interpretación de como aplicar os mecanismos. Foi condeado e inhabilitado? Sí. Asúmeu a condea?Sí. Pero cabe recordar que CG foi o único partido galeguista que apostou por unha idea de Galicia forte baseada na economía, na creación de empresas e na aposta polo país.... lonxe das cabritadas do UPG (donos do BNG) e menos agora das Mareas. Que hai que dicilo todo....

2 LKI

En efecto, Finezza, que as Mareas conflúan co PePé é algo que tan só se pode producir no teu peculiar mundo onírico. Porén, o que se pode evidenciar na vida real é a cada vez unha maior confluencia PePé/BeNeGá. España si paga traidores.

3 Finezza

Que va!Sonche maior. De feito non sei remeter tuis nin sei o que son os sofpapers. Mira eu so puxen uns enlaces, asi que non me atribuas nada mais. Efectivamente o meu mundo onirico e moi particular. Pero con todo agardo que non te inclua a ti nunca.

3 Braisiño

Pois paréceme ben que o felón máis famoso de España se decida a dar o paso.

2 carlos schmitt

gooooooool de señor! la noticia es de hace un mes

1 Platón

Y cómo no nos dijiste nada antes, Heidegger?

1 Gamela

Como dicía aquel... prefiro non ser home por non ser político, que ser un cándido político ! De seguir por este camiño o parlamento podíamos facelo no camposanto !!!