Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/12/2017 | Actualizada ás 11:28
A cooperación internacional dende a proximidade. Ese é a idea que ten o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Por iso, propón unha fórmula expandida, contando coas asociacións de veciños, os centros educativos, os clubs deportivos, as asociacións culturais, os medios de comunicación, as empresas... A idea é gañar o interese e a implicación doutros sectores desconectados destes asuntos.
Nuns días remata unha iniciativa impulsada desde o concello da Coruña para concienciar á sociedade dun cambio de visión sobre diversas temáticas como o medioambiente, os posibles coflitos bélicos que nos axexan, o terrorismo, a violencia machista, as migracións internacionais, etc.). E será grazas á realización de cinco micropoxectos baseados, precisamente, na Cooperación Expandida.
Os organizadores explican a Cooperación Expandida como unha forma que nace para impulsar procesos comunitarios de reflexión e unha toma de conciencia que puxen por unhas relacións internacionais máis xustas. Consideran que é unha aposta intencionada por enrolar á cidadanía como actores que velen polos Dereitos Humanos desde o local, promovendo a súa participación e tendo tamén un claro papel dentro do sistema internacional de cooperación.
“Por iso, este proxecto quere impulsar fórmulas para dar o relevo ao tecido social da cidade da Coruña e a súa área metropolitana no que son as comprensións dos procesos globais, as causas da pobreza, a ausencia de dereitos humanos, a existencia dos diversos conflitos e outros problemas sociais e medioambientais globais na procura dunha xustiza social universal”, suliña o IGADI nun comunicado.
Baixo o lema “Unha cidade para mudar o mundo”, os organizadores pretenden que a marca da Coruña se vincule ós dereitos humanos, a solidariedade, e a corresponsabilidade para con outras realidades que existen noutras partes do planeta. Os cinco pequenos proxectos locais que se presentarán son froito dunha ¨Aula Local de Cooperación¨.
Entre estes proxectos están “Irmandamento deportivo A Coruña-Sáhara”, “Un día desde el otro lado”, “Simbiose: Plataforma local de voluntariado”, “DXENERADA: Laboratorio cidadá pola deconstrución de xénero” e “Lóxica: O ecofeminismo na economía da Coruña”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.