O xuíz ratifica a prisión provisional e sen fianza para 'O Chicle'

Enrique Abuín Gey, autor confeso da morte de Diana Quer, manterá a súa decisión de non declarar mentres non se coñezan os resultados da autopsia. A súa muller, Rosario Rodríguez, queda en liberdade sen medidas cautelares malia a que segue imputada. A incomunicación do detido rematará este venres.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 04/01/2018 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

José Enrique Abuín Gey, autor confeso da morte de Diana Quer, seguirá en prisión incomunicada tras negarse de novo a declarar ante o xuíz. Os xulgados de Instrucción número 1 e 2 de Ribeira ratificaron a prisión provisional, incomunicada e sen fianza, para O Chicle, que este xoves volveu acollerse o seu dereito a non declarar, tanto polo caso da desaparición e morte de Diana Quer en agosto do 2016 como pola agresión e intento de secuestro dunha muller en Boiro no día de Nadal.

El autor confeso de la muerte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'el Chicle'
El autor confeso de la muerte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'el Chicle'

O asasino confeso de Diana Quer chegou aos xulgados de Ribeira nun furgón da Guardia Civil ás 10:37 horas, e foi recibido por decenas de vecinos con berros de 'asasino'. Abuín Gey, de 41 anos, estaba citado para comparecer ante o titular do xulgado número 1, Félix Isaac Alonso, que decidiu, trala detención do Chicle e a localización do cadáver da moza madrileña en Asados (Rianxo), reabrir a causa sobre a súa desaparición.

Non entanto, ante este maxistrado, Abuín Gey volveu acollerse o seu dereito a non declarar, como xa fixera o luns ante a xuíza responsable do número 3, que se atopaba en funcións de garda no momento da súa detención.

Trala comparecencia, Félix Isaac Alonso ratificou o auto emitido o luns e decretou que O Chicle permaneza en prisión provisional, incomunicada e sen fianza polos delitos de homicidio/asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual, aínda que a incomunicación do detido rematará este venres.

Enrique Abuín Gey manterá a súa decisión de non declarar ante o xuíz mentres non se coñezan os resultados da autopsia que se está practicando o cadáver de Diana Quer, segundo anunciou o avogado que o acompañou este xoves, Rubén Veiga.

INTENTO DE SECUESTRO EN BOIRO

Acto seguido, O Chicle compareceu ante o xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, que instrúe a causa pola agresión a unha moza, que o recoñeceu posteriormente, no día de Nadal en Boiro. Coa responsable do número 2 de permiso, o encargado de tomarlle declaración foi de novo Félix Isaac Alonso. Abuín Gey acolleuse tamén neste caso o seu dereito a non declarar e o maxistrado firmou un auto no que decreta prisión provisional polos delitos de detención ilegal, roubo con violencia e intimidación, lesións e contra a liberdade sexual.

DECLARACIÓN DA MULLER

Previamente, o titular do xulgado de Instrución número 1 tomara declaración en calidade de investigada polo caso Diana Quer á muller do Chicle. Rosario Rodríguez, que chegou á sede xudicial antes das 9:00 horas, respondeu a todas as preguntas que lle formularon e foise no mesmo coche policial sobre as 11:25 horas, entre berros de 'asasina'. A súa situación continúa sendo de investigada, aínda que sen medidas cautelares.

O avogado de Rosario Rodríguez, o letrado coruñés Manuel Meiriño, non quixo dar explicacións sobre a declaración por estar o caso sub iudice e tan só trasladou o pésame da súa defendida á familia de Diana Quer.

Mentres, e á primeira hora da mañá, os pais de Diana Quer anunciaron que exercerán a acusación particular de forma conxunta no procedemento penal que se instrúe en relación coa morte da súa filla. O pai de Diana Quer, Juan Carlos Quer, confirmou a través dun comunicado que "o letrado do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña Ricardo Pérez Lama exercerá a acusación particular" en representación del e de Diana Cristina López-Pinel Pinarello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Este debe ser o único país do mundo civilizado no que as empresas amigas do goberno poden roubar cada ano mediante o envío dunha simple carta esta vez volven subir 5 €uros / mes Movistar (o mesmo que fixeron o ano pasado) Así que dende 2016 a 2018 pasamos de 50 a 60 €uros pola cara !!! E o peor é que a ninguén lle importa un bledo !!! #TarifasRoboMovistar O Chile pagámolo nós !!!

1 expaña e crime impune

deberían meterlle xa un-has menciñas para evitar a violación ... a vacinacion nos testículos creo que ten que ser un-ha medida preventiva a imporse como terapia (en países de europa xa esta), as leises son moi brandas nestes casos os asesinos soen sair pronto da cadea, incluso teñen permisos penitenciarios e reinsercions, o TERRORISMO MACHISTA, non esta tratado coma se tiña que tatar no codio penal, no código LECrin, e todo matecas e todo suavidades, non se fan as cousas que necesitamos ver, a autentica xustiza, autenticos principios democráticos, e agora lembrade cando asasinen e violen as vosas fillas, as vosas nais, as vosas mulleres... lembrade a constitución do 6 de decembro!!!! , namentras os criminais andan ceibos pola rua, namentras os traficantes de drogas se pavonean diante dos colexios!!!- isto non e democracia sinon demodesgracia!!!