V Televisión deixa de emitir

O Colexio de Xornalistas lamenta que Galicia queda sen ningunha televisión autonómica privada na TDT tralo peche da canle do Grupo Voz e pide que os traballadores sexan reubicados noutros medios da empresa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2018 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

Trala emisión das badaladas de fin de ano, sen previo aviso e sen apenas repercusión, V Televisión pasou a negro e deixou de emitir. Canso das perdas millonarias que producía a canle (ata catro millóns de euros entre os exercicios 2014 e 2015), o Grupo Voz parece decidido a deixar morrer a televisión que puxera en marcha en maio do 2010 trala adxudicación do último Goberno popular de Manuel Fraga, quen repartira dúas licenzas de TDT autonómicas.

Sede de La Voz de Galicia no polígono de Sabón.
Sede de La Voz de Galicia no polígono de Sabón.

"A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta o cesamento das emisións de V Televisión, que deixa a Galicia sen ningunha televisión autonómica de titularidade privada na TDT. Así mesmo, solidarízase co persoal da canle e agarda que sexa reubicado noutros medios do Grupo Voz", apunta nun comunicado o CPXG, que engade: "O grupo Voz non emitiu ningún comunicado sobre o que parece o feche da canle, mais as últimas reformas non facían abrigar esperanzas sobre o futuro de V Televisión". A principios de ano, a xornalista Fernanda Tabarés deixou a dirección da canle para pasar a dirixir Voz Audiovisual, a produtora da Corporación.

O Colexio de Xornalistas lembra que "este cesamento de emisións deixa a Galicia sen ningunha das dúas licenzas de televisión autonómica privadas da TDT operativas, dado que Popular TV xa pechara no 2013. A isto hai que sumar que boa parte das licenzas de emisións locais ou comarcais non están tampouco a emitir. Unha vez máis, cómpre destacar que a Administración autonómica ten que ser a garante de que se cumpran as condicións das concesións de frecuencias de radio e televisión, e que pode rescindir as licenzas no caso de incumprimento".

O comunicado do CPXG remata reclamando un novo reparto de licenzas: "A perda dun medio de comunicación supón sempre un prexuízo para toda a sociedade, polo que significa de empobrecemento da diversidade informativa. A redución cada vez maior do panorama televisivo galego impón, agora máis que nunca, un novo reparto de licenzas, que garanta a pluralidade de voces necesaria e consolide o emprego das e dos xornalistas da nosa comunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 Eu mesmo

Luceuse o finado Fraga cando estando en funcións adxudica unha canle á Cope, pechada, e outra á Voz, agora pechada. Nunca cumpriron cos requirimentos da concesión, e a Xunta mirando cara outro lado. Aínda así, fixádevos como remataron.

4 anonimo

"A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia", etc. Cánta maiúscula, cánto boato, pompa e circunstancia ¿E este tono pedantón, engolado, a qué ven? Danse unha importancia esaxerada, ridícula.

1 Danilov

Pues sí, la verdad es que mosquea tanto peloteo al órgano supremo de la Inquisición periodística galega. Debe de haber elecciones colegiales cerca.

3 De Cenlle

Una pena. Era bastante mejor que la Telegaita y nos costaba mucho menos.

1 Pedro L.

Ya salió el cuñado de turno

2 Hartito

No se pierde nada un canal fascista menos

1 Raul

Estos jóvenes que creen q todos lo que no piensan como ellos son fascistas que ignorantes son. Cuanto mal está haciendo el pensamiento de extrema izquierda que mediante escraches y el señalamiento se comportan con la máxima intolerancia, son tan sumamente estúpidos q no se dan cuenta q los fascistas son ellos.

1 cesc

E Nós TV non conta? Será por non estar na TDT supoño.

1 Adrián

Si o está, polo menos en Compostela. Emite normal e en HD.

2 Non é autonómica

Nós TV non é autonómica, emite na zona de Santiago e pouco máis, aproveitando varias concesións locais, creo.