Gloria Lago denuncia que a Xunta prohibe o uso do español nun concurso de debate dirixido aos mozos

“El gallego es por decreto la única lengua de la administración educativa en Galicia”, lamenta a presidenta de Galicia Bilingüe.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/01/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A presidenta de Galicia Bilingüe e impulsora da plataforma “Hablemos Español”, Gloria Lago, denuncia que o concurso impulsado pola Xunta de Galicia 'Parlamento Xove', dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato de calquera centro de ensino de Galicia, prohibe o uso do español.

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe
Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe

A activista a prol do español asegura que nas bases deste concurso estipulase que o galego será a lingua deste concurso. “No solo se excluye el español del concurso de oratoria, trasladando el mensaje de que no es una lengua adecuada para usar en el Parlamento de Galicia (ningún parlamentario lo usa en el hemiciclo), sino que los alumnos hispanohablantes, que son mayoría, compiten con el resto de chicos y chicas, a los que sí se les permite utilizar su lengua materna y habitual”, denuncia.

Ademais, critica que non haxa unha versión en español das bases deste concurso. E, ademais, denuncia que tampouco se atope “una palabra en español” na información do concurso 'A Xuventude crea', co que a Xunta de Galicia potencia e premia a creatividade entre os mozos galegos. “También en este concurso se prohíbe el uso del español en todas las especialidades en las que se usa el lenguje escrito u oral: teatro, graffiti, comic, videocreación, relato breve, y poesía”, engade.

"EL ESPAÑOL ESTÁ PROHIBIDO"

Lago, coñecida pola súa actitude en contra da promoción do galego e impulsora de grandes manifestacións durante a época do bipartito á que asistiron destacados dirixentes do PP como Ana Pastor –actual presidenta do Parlamento español--, entre outros, critica que en Galicia, “el español está prohibido en Primaria y ESO en todas las asignaturas con más peso lingüístico”. Refírese a Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Xeografía, Historia, Bioloxía e Xeoloxía. 

Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda ao ex conselleiro de Educación, Jesús Vázquez
Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda ao ex conselleiro de Educación, Jesús Vázquez | Fonte: seioque.com

“Solo son obligatorias en gallego Tecnología, Física y Química y Matemáticas. También está prohibido en boletines de calificaciones, comunicaciones a los alumnos, y a los padres”, asegura ao tempo que insiste en que “el gallego es por decreto la única lengua de la administración educativa en Galicia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

18 Galegus

A algún iletrado del BNG que por aquí excreta hay que recordar,le que en los mapas de Galicia realizados en los siglos XVIII los topónimos eran Orense, La Coruña, etc. Supongo que en su ignorancia supina no sabrá que por entonces no gobernaba Franco. O sí? http://www.pesadillo.com/pesadillo/...

1 Cê de Lanhelas

Suposições que não resolvem a sua escasseza de leituras. O império do espanhol, domínio e força militar e dos aparelhos do estado, com os funcionários a cabeça de origem castelã, quantos séculos leva sobre a Galiza? E nada aporta você, em Portugal também diziam Valladares ou Cerveyra... hoje normalizados, mas você é contra a norma das culturas dominadas. Infeliz que goza com o sometimento dos povos diversos! Excremento humano que considera a sua cultura como superior!

2 Un escandalo lingüistico

Mira galegus, no canto de andarlle mirando o carné político a cada un que opina facendo supostos e afirmacións sen base algunha, deberías ilustrarte máis. Tamen en Holanda e Inglaterra se fixeron mapas, e España aparece co topónimo Spain, ¿E ti viches que por aparecer así nos mapas en inglés se adopte coma topónimo oficial na España? Non sexas tan excluinte home!, se non queres falar galego non o fagas, pero non tentes falar tan mal do galego e da sua cultura só porque non che goste, é pouco democrático.

17 Xove non, novo

É unha mentireira: se ledes as bases do Parlamento Xove non se prohibe nunca o español, senón que se trata dunha actividade que quere servir tamén para mellorar a competencia oral en galego dos mozos e das mozas, competencia que sen dúbida é a que hai que traballar máis porque é a que presenta peores resultados para o alumnado. Hai outras convocatorias para traballar o debate en español e a elas non se pode concorrer en galego ou nos outros idiomas cooficiais do estado. Si, concursos do Ministerio e outras institucións públicas, tanto disto como de creación literaria e artística. Así que o único que pretende Gloria Lago é que o único evento deste tipo que se fai en Galicia, xunto co Club de ebate dos concellos, non se faga en galego. Vitimista e manipuladores son ela e o seu home, que son os que compoñen esa organización.

1 Xove non, novo

Tampouco se prohibe o español no Xuventude Crea, senón que se promociona o galego. Poden os rapaces galegos presentarse en galego a concursos de música ou literatura en español convocados polas ministerios, institucións e empresas españois? En xeral non. A Xunta debe, e fai ben, elaborar unha oferta positiva para o galego, que compite en desigualdade co castelán tamén neste campo.

16 Con ela chegou o escandalo

O que non acaba de explicar é porque o castellano é o idioma falado, usado e privilexiado polo 70% do profesorado, o 80% do alumnado e a gran maioría da poboación galega. A duras penas resiste nun rural que está morrendo e nos sectores culturais. Esta señora quere que o galego non teña promoción, nin que se use, nin que se lle teña cariño. Ela quere que o galego desapareza, non lle interesa, sobralle, non o atura, e por tanto o seu pensamento só é unidireccional, o seu plantexamento é que «o deja de usarse el gallego en Galicia o denuncio persecución al castellano» ¡Con esta xentiña onde imos!

15 Libertad

Lo cierto es que la Junta de Galicia gobernada por el Partido Popular sigue mandando todos sus escritos en gallego a los ciudadanos que abrumadoramente le escriben en castellano. La toponimia oficial de ciudades y pueblos sigue siendo la gallega, a pesar de la gran raigambre y del uso generalizado de La Coruña u Orense. Continúa una discriminación artificial que no existe en la calle, donde aparte de docena y media de pirados talibanes de la UPG-CIG, todo el mundo se entiende perfectamente. Buen trabajo de GB.

1 Un escandalo lingüistico

Hai que saber por onde se pisa. Os topónimos botaron máis de 1000 anos en galego, ata que chegou Primo de Rivera e Franco e traducironos. E como se agora se impuxera o inglés e se traducira todo. Con 50 anos xa ficarian en inglés para sempre. Que magoa non?

2 Liberdade

Talibán ou talibana eres ti...que como eles dedícaste a bombardear o patrimonio do teu propio pobo. Pero aparte sodes mala xente, porque renegades del porque vos creedes que o galego e un idioma de pobres.

3 Vaille-dando

Yo diría que, aparte de cuatro payasetes de Galicia Bilingüe, nadie da el menor crédito a esa señora ni a usted. Para empezar es MENTIRA que las respuestas de la Xunta sean siempre en gallego, las que yo he recibido están en los dos idiomas. El tema de los topónimos castellanizados, es patético. La gente que lo hizo en verdad muy poco sabía del gallego y así vemos verdaderas ridiculeces como: "Sanjenjo", "Niño de la guía", "Haciadama", etc. Ya sólo por vergüenza se debería prohibir tanto analfabetismo. La menor de mis preocupaciones, payasetes nazis, es su "libertad" de ser ignorantes y decir mentiras.

14 Undopobo

Pois ten razón no que dí. A lexislación actual establece que algunhas materias impartiranse en castelán, outras en galego, e outras en inglés. O que ocorre é que todas as comunicacións escritas ás familias, actividades e celebracións, revista escolar, boletíns de avaliación, informes académicos, programacións didácticas, plans, proxectos, memorias, notificacións, comunicados das anpas, festivais, invitacións ou comunidados con institucións diversas...e non sigo porque xa non me lembro de mais cousas, están SEMPRE E SÓ EN GALEGO. Quen diga o contrario, minte. Nos concursos ou actividades internas dos alumnos, na maioriá das ocasións (participación na revista, concurso e actividades da biblioteca, tarxetas de celebración polo Nadal, Samaín, Entroido, etc, en moitos centros SÓ SE ACEPTAN ESCRITOS EN GALEGO. Unha mágoa; algúns ou moitos rapaces non participan. Ao final, en aras da "promoción" da língua discrimínase aos que escriben en castelán.

1 nostrus

Pois claro, pero imaxina inda porriba un neno que veña doutra rexion porque o seu pai o destinaron a traballar aqui e se encontra con ese panorama. Pois a solucion que lle propoñen é que se fastidie que esto é Galicia. A min non me gustaria que fastidiar ao personal fose un feito diferencial e de identidade galego. Ao nacional-fascismo só lle preocupa a situacion do galego e para eso non dubidan en cometer calquer atropello e ao PP para facerse co amor do seu electorado púxose a máscara de galeguista sin vocacion e ao final a máscara convertiuselle en rostro.

2 Anónimo

O normal en calquera comunidade normal é que todo se realice na lingua propia, e a nosa é o galego. O resto de idiomas cómpre ensinalos e respectalos, mais para escritos oficiais unha comunidade só ten sentido que use o seu idioma. O "bilingüismo" historicamente SEMPRE foi un paso intermedio cara a desaparición dunha das linguas.

3 Libertad

Anónimo, tu idea de la "normalidad" es la del régimen talibán. Todo el que no sea musulmán merece la muerte. Lo cierto es que en países de tan amplia raigambre democrática como Francia, no hay más lengua oficial que el francés, y las lenguas regionales ni siquiera son oficiales en sus territorios. Posiblemente tengas razón al revés. El error fue haber dado alas a tanto sinvergüenza.

4 Paco da Rosa

O certo é que na Franza só hai língua oficial desde 1992 (por un problema RACIAL da túa ultradereita xenófoba cos emigrantes máis que cos 'regionales'), que a democracia francesa só protexe os escollidos, e non semella de traxectoria moi limpa para os vasalos (coas colonias, coas guerras dirixidas na África, con terrorismo de estado patrocinado aínda nos nodos días...). Entendo que para ti o 'normal' sexa tratar a língua propia como se fose estranxeira na súa propia terra, que esqueceches que aquí a única língua imposta foi e segue sendo a túa, que ti logo es o talibán (pois foron os teus os que usaron a violencia para conquistar, con morte ao disidente). O grande erro para a humanidade é que existan seres que se consideren superiores aos demais!