Gloria Lago denuncia que a Xunta prohibe o uso do español nun concurso de debate dirixido aos mozos

“El gallego es por decreto la única lengua de la administración educativa en Galicia”, lamenta a presidenta de Galicia Bilingüe.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/01/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A presidenta de Galicia Bilingüe e impulsora da plataforma “Hablemos Español”, Gloria Lago, denuncia que o concurso impulsado pola Xunta de Galicia 'Parlamento Xove', dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato de calquera centro de ensino de Galicia, prohibe o uso do español.

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe
Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe

A activista a prol do español asegura que nas bases deste concurso estipulase que o galego será a lingua deste concurso. “No solo se excluye el español del concurso de oratoria, trasladando el mensaje de que no es una lengua adecuada para usar en el Parlamento de Galicia (ningún parlamentario lo usa en el hemiciclo), sino que los alumnos hispanohablantes, que son mayoría, compiten con el resto de chicos y chicas, a los que sí se les permite utilizar su lengua materna y habitual”, denuncia.

Ademais, critica que non haxa unha versión en español das bases deste concurso. E, ademais, denuncia que tampouco se atope “una palabra en español” na información do concurso 'A Xuventude crea', co que a Xunta de Galicia potencia e premia a creatividade entre os mozos galegos. “También en este concurso se prohíbe el uso del español en todas las especialidades en las que se usa el lenguje escrito u oral: teatro, graffiti, comic, videocreación, relato breve, y poesía”, engade.

"EL ESPAÑOL ESTÁ PROHIBIDO"

Lago, coñecida pola súa actitude en contra da promoción do galego e impulsora de grandes manifestacións durante a época do bipartito á que asistiron destacados dirixentes do PP como Ana Pastor –actual presidenta do Parlamento español--, entre outros, critica que en Galicia, “el español está prohibido en Primaria y ESO en todas las asignaturas con más peso lingüístico”. Refírese a Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Xeografía, Historia, Bioloxía e Xeoloxía. 

Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda ao ex conselleiro de Educación, Jesús Vázquez
Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda ao ex conselleiro de Educación, Jesús Vázquez | Fonte: seioque.com

“Solo son obligatorias en gallego Tecnología, Física y Química y Matemáticas. También está prohibido en boletines de calificaciones, comunicaciones a los alumnos, y a los padres”, asegura ao tempo que insiste en que “el gallego es por decreto la única lengua de la administración educativa en Galicia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

8 Breogán

Que demande perdón polos miles de mortos e cegos por mor do metílico prs carburante pra avións que venderon coma a augardente guiados pola cobiza. Condeados a carcere por poucos anos e insolventes pra gardar a salvo o diñeiro pra estudar aos seus descentes. Ente elas gloria lago.

1 Vijo

Estamos a esperar que os comunistas - UPG ou PCG - pidan perdón e paguen co seu patrimonio polos cen millóns de mortos do comunismo, e máis recentemente polos miles de mortos en Venezuela por mor da ditadura asasina e xenocida de Maduro.

7 RAE

Español: 4.Lengua romance que se habla en España, gran parte de América, Filipinas, Guinea Ecuatorial y otros lugares del mundo. http://dle.rae.es/?id=GUSX1EQ

6 Eu mesmo

Porque lle dades cabida a esta idiota?

5 Bilinguismo xa

Pero se case todas as horas lectivas en Galiza son en castelán. Habería que facer ao revés, case todas as horas en galego pero os letreiriños e a comunicación escrita en castelán, saíamos gañando

4 Galeguiña de pura cepa

Artigo 3 da Constitución Española: "El castellano es la lengua española oficial del Estado". O CASTELÁN, non o español, que tanto se cansa de poñer. Por outra banda, o artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia di: "Un. A lingua propia de Galicia é o galego. Dous. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e úsalos". Quédalle claro? Lidas as bases do programa da Xunta (ou debo dicir Junta?) que cita neste xornal, non vexo por ningures que diga "prohíbese falar en castelán". É un concurso e hai que cumprir coas súas bases. Se nun certame literario piden que se presenten textos escritos con tamaño de letra 12 e a dobre espazo e non o fai así, o seu traballo queda rexeitado. Ten que acatar as, as bases, as normas... e non impoñelas como vostede pretende. Sendo tan listiña, entende perfectamente o galego, e senón, coas novas tecnoloxías, empregue o tradutor de google.

1 Keixo

non te mates muller. sempre haberá cosmopaletas coma Gloria Lago dando por saco con problemas inexistentes. Precisamos educación en verdadeira liberdade para non acabarmos sendo uns adoutrinados dun rancio españolismo lingüístico disfrazado de "libertad de elección".

2 anonimo

Punto7 de la convocatoria. Lingua. Dice que la competición de los oradores será en gallego.