Peligra o liderado de Beatriz Sestayo no PSOE de Ferrol

A candidatura de Ángel Mato presenta recurso ao PSOE por irregularidades na asemblea local que a ex tenente alcalde gañou por un só voto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2018 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A candidatura encabezada polo ferrolán Ángel Mato presentou ante os órganos superiores do Partido Socialista o recurso coas supostas irregularidades que os seus integrantes sosteñen que se produciron na asemblea local de Ferrol do 30 de xaneiro, na que perdeu ante a lista encabezada por Beatriz Sestayo, que revalidou o seu cargo como secretaria xeral da agrupación local.

Beatriz Sestayo
Beatriz Sestayo

Nunha nota de prensa, informouse que o recurso foi asinado polos integrantes da candidatura de Mato, que concorreu á elección da comisión executiva local na asemblea do 30 de xaneiro, e se pide que se "actúe en consecuencia" ante as "que consideran irregularidades no transcurso da asemblea".

Así, indícase que o recurso fai referencia ao censo utilizado, a que tres papeletas foron declaradas nulas --tres na urna da executiva local e outras tantas nas do Comité Provincial--, á composición da Mesa e ao modo en que se desenvolveu a votación que, segundo afirma a candidatura, "non se axusta aos estatutos posto que a militancia non foi chamada a votar por orde alfabética e, entre outras cuestións, nin sequera se facilitaron sobres ou papeletas en branco".

Ante estas cuestións, a candidatura de Mato pide aos órganos pertinentes do partido que se anulen os resultados rexistrados na asemblea, que se revise o procedemento utilizado e que, en consecuencia, se tomen as medidas correspondentes. Desde a candidatura "faise un chamamento á responsabilidade para que a resolución deste recurso se leve pola canle interna, que é o que corresponde" e se pide "que non se realicen declaracións públicas que unicamente danan a imaxe da organización política".

RESPOSTA EXECUTIVA LOCAL

Desde a executiva socialista de Ferrol respondeuse cun texto publicado a través da súa páxina de Facebook. Así, indícase que se "confía plenamente nos órganos internos do partido, aos que se remite, para que resolva canto antes, en ben do partido e da cidadanía, a petición de amparo da Mesa" ante as acusacións que se estaban producindo, e "o pronunciamiento sobre o escrupuloso respecto da Executiva de Ferrol e da Asemblea á normativa do partido".

Así mesmo, insístese en realizar un chamamento "á responsabilidade e lealdade ao partido e á democracia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Pondaliao

Mamoneo de nova

1 Dalle que libras

Galicia Confidencial se suma á campaña de La Voz de Galicia a favor do senador Mato

2 Ferrolana

Galicia Confidencial?. Será Europa Press, ¿no?. Y no digo más pero buscad alguna conexión por ahí y Gonzalo Caballero. Igual encontráis algo.

2 Raquel

El senador elegido a dedo sigue dinamitando a su propia agrupación. No ha ganado ni una sola asamblea y ahora enseña la patita. Por qué estará tan envalentinado?

1 Reyes

Asinou tamén o mantido e vividor Julian Reina que cobra 50.000 euros na Deputación da Coruña sen traballar NUNCA na súa vida