Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/02/2018 | Actualizada ás 17:17
A suba da peaxe e o "non" do Goberno central ao traspaso á Xunta de Galicia das competencias sobre a AP-9 están no centro do debate político pero tamén social. Este venres, o popular actor e humorista galego David Amor publicou un vídeo desde o aeroporto de Vigo no que critica, con retranca, as obras na ponte de Rande e a suba do prezo da peaxe.
David Amor relata como de camiño a Vigo, dende Pontevedra, se topou con novos traballos en Rande e carrís pechados, logo de que a finais de decembro pasado Mariano Rajoy inaugurase a ampliación da ponte.
O humorista plantexa unha reflexión que se fan moitos galegos: adiantouse a inauguración da obra para xustificar a suba do prezo da peaxe este 2018? Como é que unha ponte recén anovada necesita agora novas obras?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.