As confluencias non funcionan en Lugonovo

Outro concelleiro, Iñaki García, renuncia á súa acta ao sentirse "ninguneado". Súmase á marcha do que fora portavoz Santiago Fernández Rocha. Só queda un dos tres concelleiros elixidos en 2015.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/02/2018 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O concelleiro de Lugonovo, Iñaki García, anunciou que fará efectiva a súa renuncia "oficial" o vindeiro xoves, no pleno do Concello de Lugo, ao sentirse "ninguneado", aínda que xa comunicou este martes esa renuncia no rexistro municipal. García argumentou que os motivos que lle levan a expor a súa dimisión, "son os mesmos" polos que renunciou o que fora portavoz Santiago Fernández Rocha, que marchou en xullo do pasado ano. Detrás desta decisión atópase as diferencias que existen entre as distintas confluencias.

Concelleiro de Lugonovo que marcha, Iñaki García
Concelleiro de Lugonovo que marcha, Iñaki García

Neste movemento cidadá convivían Anova, Podemos, Compromiso por Galicia e Espazo Ecosocialista Galego. Non Esquerda Unida que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas que obtivo un concelleiro. Con todo, nos últimos anos as distintas diferencias internas fixeron que distintos afiliados de Podemos e Anova decidiran abandonar esta formación, reproducindo as tensións internas que existen entre os distintos grupos que conforman En Marea --Podemos, Anova oficial, críticos de Anova, Cerna e independentes--.

 

"INSTRUMENTALIZACIÓN"

Iñaki García alega "a instrumentalización que algúns integrantes da coordinadora (de Lugonovo) pretenden facer do grupo municipal". "Ao que me nego por completo", subliñou. "Non quero ser monicreque de ninguén", engadiu en rolda de prensa. Unha clara alusión aos sectores máis vinculados a Luis Villares que apostan por evitar os contrapesos partidarios nesta marea locla.

Santiago Rocha foi o voceiro municipal de Lugonovo
Santiago Rocha foi o voceiro municipal de Lugonovo | Fonte: lugonovo.gal

García incidiu en que o grupo municipal "perdeu todo o seu peso e autonomía, tanto na toma de decisións como na organización do traballo que desenvolvemos no mesmo Concello, de maneira que tanto as votacións no pleno como os asuntos nos que o grupo municipal debían de pór o foco son aqueles que escollen algúns integrantes da coordinadora".

"Non podo dicir que non se nos permita ao resto expresar a nosa opinión en contra, pero si pór de manifesto que cando son conscientes de que no grupo municipal pode haber unha determinación contraria aos intereses ou postulados destas persoas o que se fai é condicionar o voto ao criterio da coordinadora onde xa non hai confluencia, nin pluralidade", censurou.

Iñaki García lembrou que "integrantes de Podemos xa marcharon, alegando falta de transparencia". "E hoxe tamén marchamos membros de Anova e moitos independentes", indicou e entre eles estimou que uns 25 inscritos de Lugonovo que se deron de baixa, ademais de anunciar o número sete da lista que lle acompañou nesta comparecencia, Elías Pérez, que renuncia a incorporarse ao grupo municipal.

"DESCONTENTO"

O concelleiro advertiu de que o seu "descontento" era coñecido no grupo, á vez que lamentou que "non houbese ningún esforzo de conciliación, como si facía o anterior portavoz (Rocha) para tratar de harmonizar as distintas sensibilidades que conviven en Lugonovo".

"Máis ben ao contrario, até o punto de organizar núcleos paralelos aos da coordinadora, onde se nos exclúe ás voces disonantes e onde só están presentes uns poucos que buscan como dirixir o posicionamento dos concelleiros", reprochou.

"A estas voces non só silénciallenos e ningunea, senón que se nos trata de limitar a visibilidade e a comunicación do noso traballo nos medios", afeou. Con todo, incidiu en que se vai "con moita pena" e cunha "sensación de fracaso, do que puido ser e non foi".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 SI ho!

Penso que tiña que selo máis dadas as diferenzas entre grupos: dar un golpe na mesa para poñer orde e debate lóxico, estruturado, burocratizado se queres..., coordenado en fin. Tocan de oído. Non digo que non toquen ben, pero cada un á súa ...

1 Cocerello

Para cando a dimisión de Villares?, vai sendo hora de que replantee o seu lugar no seo da Marea, a dia de hoxe, Villares foi o culpable de que nas eleccións autonómicas a Marea non estivera onde se esperaba. Non se pode ir a politica en plan tan altivo Villlares,