Ana Miranda reclama sancións internacionais a Turquía pola súa represión cos curdos en Siria

A eurodeputada galega denuncia que este país utiliza a “terroristas e islamitas” na súa ofensiva contra Afrin. Aposta por buscar unha solución dialogada para rematar co conflito.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 19/03/2018 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda denuncia a operación armada “ilegal” que Turquia está levando a cabo no cantón curdo de Afrin, en Siria, e na que está utilizando “terroristas e islamitas” para conquistar esta zona. Por iso, pide sancións internacionais para o país otomano.

Concentración de varios eurodeputados en Bruxelas, entre eles Ana Miranda, contra a invasión turca do cantón curdo de Afrin, en Siria,
Concentración de varios eurodeputados en Bruxelas, entre eles Ana Miranda, contra a invasión turca do cantón curdo de Afrin, en Siria,

En declaracións a GC logo dunha semana “intensa” na súa volta á Eurocámara na que non tivo moito tempo para atender aos medios de comunicación, Miranda suliñou que este mesmo luns participou nunha concentración na Eurocámara, xunto con outros eurodeputados, para denunciar o operativo turco en Afrin. Ademais, lembrou que a pasada semana votouse unha resolución sobre Siria no Parlamento Europeo o que se instaba a Turquia a rematar coa súa ofensiva armada.

“Esa –o cantón de Afrin-- era unha zona moi estable e tiña a súa propia autonomía. De feito, tiña acollido a moitos refuxiados”, apunta Miranda que asegura que o operativo militar turco foi para “desestabilizar aínda máis Siria”. De feito, nesa zona vivían “pacificamente” diferentes comunidades étnicas; árabes, curdos, iazidies, crisiáns, siriacos ou turcómanos, ata o inicio da ofensiva turca.

Por iso, a eurodeputada do BNG pídelle á UE que poña en marcha sancións económicas contra Turquia, que se remate o comercio de armas con este país -- “porque moitas delas acaban en mans dos terroristas do Daehs”-- e aprobe sancións “de embergadura”.  Ademais, denuncia que o nacionalismo islamita turco está poñendo en perigo o “movemento de igualdade” que existe no Curdistan no que as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes e “mesmo participan na guerra en unidades militares.

Sobre os milleiros de refuxiados que xerou un conflito que a pasada semana entrou xa nos sete anos de guerra, Miranda apostou por buscar unha "solución dialogada" a unha situación que provocou o que chamou un "acordo da vergoña" entre as potencias internacionais. "Europa debe de cumprir a súa parte e acoller refuxiados e buscar unha solución negociada ao conflito", asegurou. Unha postura que comparten os outros partidos da Cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta