Axentes medioambientais denuncian desatención por parte da Xunta

Denuncian sobre todo o estado lamentable do parque móbil. Levaron á Xunta de Galicia ante a Inspección de Traballo que apercibiu ás Consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da polos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2018 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O malestar entre os axente medioambientais da Xunta de Galicia materializouse o ano 2016 nunha denuncia en Inspección de Traballo. O motivo era o estado "lamentable" dos vehículos que usan estes axentes. Inspección requeriu no mes de abril de 2017 ás consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Organización do Territorio para cumprir coas melloras na seguridade dos vehículos

Incendios do pasado mes de outubro
Incendios do pasado mes de outubro | Fonte: @UGTForestaisGZ .

Así, as organizacións sindicais con representación entre o colectivo de axentes medioambientais consideran que se trata dunha grave infracción en materia de seguridade no persoal. Sobre todo, consideran unha irresponsabilidade que a Xunta de Galicia non estea a dar exemplo cumprindo coa normativa de prevención en riscos laborais.

SEN RESPOSTA DE FUNCIÓN PÚBLICA

Os sindicatos denuncian tamén a falta de resposta por parte de Función Pública "que ten bloqueadas as negociacións dun acordo de condicións de traballo". O actual acordo obriga a facer quendas de doce horas en solitario e en presenza física.

Denuncian que os vehículos teñen máis de 500.000 quilómetros e quince anos de uso, ademais doutras anomalías como chasis soldados. Xunto a isto denuncian o abandono en canto á falta de vixilancia da seguridade e saúde dos traballadores, non hai renovación de traxes de traballo o que, nalgúns casos, obriga aos e ás traballadoras a mercar a súa roupa.

Piden a urxente renovación e dotación de medios materiais para actuar debidamente contra o lume. Declaran ademais "que a falta de medios quedou patente na Comisión de Incendios do Parlamento de Galicia, onde se explicou que teñen que mercar cos seus cartos cámaras de fototrampeo para a investigación dos incendios forestais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta