Ferrín volve dividir á RAG

Unha carta remitida ao escritor para que aclare se quere seguir ou abandonar a academia volve a amosar a división interna que existe na academia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2018 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A figura de Xosé Luís Méndez Ferrín volve dividir a Real Academia Galega (RAG). Logo de dimitir do seu cargo hai cinco anos e anunciar que deixaba a institución, a súa figura volveu ser motivo de disputa dentro deste órgano despois de que o seu plenario acordara o pasado sábado, logo dunha tensa sesión, enviarlle unha misiva para que diga se quere reincorporarse á institucion, ou en caso contrario, expulsalo.

Méndez Ferrín, Premio Laxeiro 2018
Méndez Ferrín, Premio Laxeiro 2018

A polémica saltou a conta dunha iniciativa que levaron un grupo de académicos afins ao escritor de Con pólvora e magnolias tras comprobar que non forma parte do listado de integrantes do pleno na web da RAG. Á espera da incorporación de Ana Romaní, designada nese mesmo plenario, na relación de membros só hai 28 dos 30 que conforman a Academia.

Nese escrito,  asinada por Xosé Luis Axeitos, Chus Pato, Manuel González, Euloxio Ruibal, Paco Fernández Rei, Darío Xohán Cabana, Xosé Luis Regueira e Manuel Rivas (os dous últimos non asistiron),  pedíase a súa reincorporación no listado tanto da web como de destinatarios dos boletíns e comunicados da institución.

Tras un tenso debate, o plenario acordou remitirlle unha carta a Ferrín para que anuncie de forma pública e voluntaria a súa dimisión ou que, pola contra, volva a pedir a súa reincorporación na institución. En desconformidade con esta medida, o grupo afín a Ferrín abandonou o plenario. Dos 18 membros que quedaron, 14 votaron a favor de enviar a carta, 3 votaron en branco e Xosé Ramón Barreiro, ex presidente, non votou tras saír a votar.

EXPLICACIÓNS

Nun novo escrito, seis dos académicos asinantes da petición orixinal --Xosé Luís Axeitos, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Manuel González, González Euloxio Ruibal  (non figuran nin Manuel Rivas nin Luis Regueira)-- destacan que Xosé Luís Méndez Ferrín segue formando parte da lista de académicos de número da RAG e critican que fora borrado o seu nome da lista de académicos da web oficial. Ademais, din que se retiraron da xuntanza xa que a proposta aprobada pola maioría do plenario non estaba na orde do día  e polo tanto non ten “efectos legais”

Vítor Freixanes, Méndez Ferrín, Núñez Feijóo e Xosé Ramón Barreiro nun acto da RAG
Vítor Freixanes, Méndez Ferrín, Núñez Feijóo e Xosé Ramón Barreiro nun acto da RAG | Fonte: Xunta

“Mentres a RAG non revogue o acordo de non aceptar a renuncia de Méndez Ferrín, queremos que se lle aplique o mesmo tratamento que se lle deu a outros casos de académicos que presentaron a súa dimisión formal ante o Plenario, pero que non lles foi aceptada, e que figuraron como membros numerarios ata o día da súa morte (como se pode comprobar na web da RAG en casos coma os de Monseñor Araúxo ou Jenaro Marinhas del Valle)”, indican nun comunicado.

“Desde logo, os oito asinantes da proposta –aínda que o comunicado só está asinado por seis-- do punto da orde do día estamos desexosos dun diálogo construtivo, que transmita á sociedade a idea de que é unha institución fiable, e que sitúe de novo a RAG na cabeza da defensa e da promoción da lingua e da cultura galegas, porque iso é o que se espera de nós”, engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Observador

Os que non teñen méritos como escritores fan o que sexa para repartirse cargos e prebendas e as ovelliñas van detrás. Penosa imaxe para a institución.

1 Non o lerán os tasistas

Por que non dimitiu cando as acusacions de nepotismo que nin quixo explicar? A verdade é que o seguinte presidente tamen era de AGE mareíl pero o fixo bo e todo coa sua postura prodiglósica

1 Coach

Rogamos ao cómplice do ABC e bloqueiro de garda que recorde o tratamento das 22:00.

2 Ai que me critican

Hombre o mareísta de garda protestando cando se critica a un deles. Será que o xenro e a filla eran do bloque e foi todo unha conspiración moi sofisticada para deixar quedar mal a Ferrin