A petición de dimisión a Paula Quinteiro pola dirección de En Marea provoca malestar no grupo parlamentario

Os críticos coa dirección tachan de carente de "lexitimidade" a resolución adoptada polo Consello das Mareas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2018 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A resolución adoptada polo Consello das Mareas, órgano máximo de dirección entre plenarios de En Marea, que pide a Paula Quinteiro, a parlamentaria implicada nun altercado coa Policía Local, que entregue a súa acta de deputada xerou malestar no grupo parlamentario, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Consello das Mareas deste venres para abordar a situación de Paula Quinteiro
Consello das Mareas deste venres para abordar a situación de Paula Quinteiro | Fonte: Europa Press

Os deputados do partido instrumental reuníronse na tarde do pasado venres para tratar o asunto da súa compañeira Quinteiro, que se viu envolta nunha disputa coa Policía Local na madrugada do sábado ao domingo.

Neste encontro, presidido polo portavoz, Luís Villares; os parlamentarios de En Marea alcanzaron o consenso de optar por non pedir a dimisión de Quinteiro (como reclamaba a coordinadora, que equivale á executiva nun partido clásico) e unicamente abrir expediente interno á deputada e esperar a instrución policial, segundo confirmaron fontes de En Marea a Europa Press.

Horas máis tarde, o Consello das Mareas reuníase para abordar este asunto. Alí compareceu Paula Quinteiro (militante de Podemos e afín á corrente 'Anticapitalistas') para explicar o sucedido na madrugada do 17 de marzo, cando foi identificada pola Policía Local nun control contra vandalismo na rúa, onde chegou a esgrimir o seu carné de deputada, como recolle o atestado policial.

Após abandonar Quinteiro a reunión unha vez exposta a súa versión, o grupo de críticos coa dirección de Villares --que non participaran nos consellos durante meses-- abandonou o encontro logo de que algúns dos presentes proferisen "ataques persoais" contra a deputada, como expuxo, en declaracións aos medios Pedro Rivera 'Peyo' (Marea de Vigo).

CRÍTICOS

Este sábado, fontes do grupo de críticos consultadas por Europa Press sinalaron que a decisión do Consello "carece de lexitimidade" porque este órgano e a coordinadora "representan unha parte minoritaria que non se move nas coordenadas do espírito" da "maioría" de organizacións que conforman En Marea.

Así, reiteraron que a súa decisión de abandonar a reunión debeuse a que certos asistentes "lanzaron ataques directos" contra Paula Quinteiro e que, a pesar de que o encontro comezou cun "afán concilidador", o ton foi virando cara ás "malas formas".

Deste xeito, cren que a intención deste sector é lograr "un novo equilibrio de poder" dentro do grupo parlamentario que, á súa vez, segundo este grupo de críticos, non corre perigo de ruptura porque "funciona mellor" que os órganos de dirección do partido instrumental.

RESOLUCIÓN

Logo de máis de tres horas de reunión, o Consello das Mareas adoptou a decisión de pedir a Paula Quinteiro que abandone a súa acta de parlamentaria por "principios éticos e de transparencia", xa que entenden que "non existen argumentos que expliquen o uso da condición de deputada en situacións persoais", polo que non ven na militante de Podemos á "persona adecuada para exercer as funcións de deputada".

A resolución foi aprobada por maioría nunha votación na que se abstiveron Luís Villares e os outros dous deputados de En Marea que forman parte do Consello, Davide Rodríguez (Anova) e Paula Vázquez Verao (Cerna).

MALESTAR NO GRUPO

Fontes de En Marea consultadas por Europa Press sinalaron que Paula Quinteiro tivo coñecemento da decisión polos medios de comunicación e que, minutos despois, foi informada a través dunha mensaxe ao seu teléfono.

A resolución adoptada polo consello xerou malestar no seo do grupo parlamentario, xa que vai en contra do aprobado na reunión do grupo, na que participou un Luís Villares que, á súa vez, lidera os órganos de dirección do partido instrumental.

Dáse a circunstancia de que o actual portavoz do partido elevouse a ese posto grazas á maioría que agora impera no Consello pero chegou ao máximo órgano de decisión noutra candidatura, cuxos integrantes hoxe en día conforman o grupo de críticos.

CARMEN SANTOS

Tamén este sábado en declaracións aos medios nun acto en Ourense, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, reiterou o seu "apoio persoal" a Paula Quinteiro e deixou claro que a súa dimisión é unha "decisión estritamente persoal".

Ademais, asegurou que a súa formación condena de forma rotunda "calquera tipo de violencia" pero deixou claro que non está disposta a "linchar a unha muller e compañeira na praza do pobo" nin a "seguir a axenda que marca un PP corrupto".

PP: VILLARES, "TRAIZOADO POLOS SEUS ALIADOS"

Pola súa banda, a deputada do PP Paula Prado volveu a referirse ao asunto de Paula Quinteiro e comentou que Luís Villares foi "traizoado polos seus supostos aliados", á vez que comentou que a situación do maxistrado en excedencia á fronte de En Marea é "insustentable".

"Poderán dimitir Paula Quinteiro, Luís Villares ou ambos, pero o que parece imposible é que unha e outro poidan compartir bancada nunca máis no Parlamento de Galicia", declarou a viceportavoz parlamentaria popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Mona chita

Nunca pensei que ver as esquedas colaborar cons pistoleiros de voz aso servicio do PP para linchar a esta rapaza. ¿pero, que carallo fixo?

4 Interrogantes

Non ten que dimitir non foi ela quen rompeu o do retrovisor nin sequera se sabe se foi un de Cheira que non houbo detencións. E quen entraría se marcha Hermida ou quen

3 Retrovisores Rebollido

Como mola sair de marcha cun carnet de parlamentaria

2 Vieiras xefe de podreiros

o contexto e que o -Vieirismo non quer que a xente de podreiros en Galicia poda facer nada, o loxico seria abrir un expediente, o grupo de podreiros na galiza non vale para nada GRUPO POLA MENTIRA, GRUPO PRA LAMENTAR, a deputada o fixo mal o moi mal: 1) ir cuns bebedos violentos, 2) tentar obstruir a acción policial,- enton o loxico e abrir expediente pero non desde as mareas senon desde o partido podreiros - pero o señores están a facer sándwich de dobre penetración anal e vaxinal desde o -vieirismo (de ahí as abstencions dos anovados, para facerse pasar por ovellada cando son os lobisomes -vieiristas) e o podreiros de mandriles, o podreiros galego non é nada, están destruidos, a militancia podreira non pode elexir nin os seus alcaldes- o baile de desfraces e grande, e o podreiro non podrá mamar nada nin no carballiño ONDE QUEDA O QUE AS BASES ESCONLLEN OS SEUS LIDERES – (vidreo – a nova reanovada - https://www.youtube.com/watch?v=hNv...

1 Amoxegador

Se nom demitiu Yolanda Diaz quando meteu o pederasta no gabinete do grupo parlamentar, por que vai demitir a Paula.