Manel Cráneo: “A época castrexa está pouco explotada en banda deseñada”

Un dos principais ilustradores galegos do xénero histórico destaca a potencia dun sector que en Francia xera millóns de euros e destaca que tras os grandes autores e autoras, “chegan novas fornadas pisando forte”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 06/04/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A época castrexa tamén está pouco explotada a este nivel, de romanos ambientado en Galicia poderíamos ter bd a patadas, a prehistoria, a emigración, as diversas épocas de colonización desde o século XV ata o XIX”, asegura Manel Cráneo, ilustrador e coordinador do I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia, un evento que comeza este venres ás 20.00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo. 

O ilustrador Manel Cráneo
O ilustrador Manel Cráneo | Fonte: eslahoradelastortas.com

Manel está convencido de que a ilustración histórica podería xerar grandes beneficios culturais e económicos e destaca que en países veciños coma Francia ten un gran poder económico. Cráneo é é artista multimedia de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Como autor de cómic, centos de páxinas súas teñen aparecido en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, GPS, Os Rústicos da Guadaña, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual, Boletín Galego de Literatura, Caña, Viralatas, Golfiño ou La Resistencia. 

Publicou os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2008), Cousas de mortos (Demo Editorial, 2012), A torre dos Mouros (Demo Editorial, 2012), A Fraga Milmañas (Demo Editorial, 2013) e Destino Hërgüss (Demo Editorial, 2015). Ademais codirixiu as curtametraxes de animación Ladróns de cadáveres e tamén As viaxes de Pichük (capítulo piloto de serie baseada no seu universo Planeta Mincha). Participou en numerosas mostras por España, Portugal, Francia ou Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida e Obra de García Lorca (Granada, 1998).

I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia.... Un título fermoso para unhas xornadas que comezan en Lugo este venres. Cóntanos de que se tratan?

Este Encontro supón un primeiro achegamento a través dun foro común a un xénero dentro da banda deseñada que en países veciños coma Francia xenera grandes beneficios culturais e económicos. Coñecer a historia a traverso do cómic da man de auténticos profesionais especializados e contala de xeito entretido e coa forza visual que ofrece a ilustración.

Unha das viñetas da Torre dos mouros, unha obra de banda deseñada de Manel Cráneo
Unha das viñetas da Torre dos mouros, unha obra de banda deseñada de Manel Cráneo

Algúns dos obxectivos principais son a divulgación da historia o achegamento da banda deseñada histórica ao gran público, a interrelación de profesionais do medio e tamén a captación de novos e potenciais lectores atendendo tanto adultos como rapazada, os nenos son a chave do futuro e tamén da conservación do noso patrimonio histórico.

Estarán algúns dos grandes expertos da banda deseñada histórica de Galicia; ti, Víctor Boullón, Tokio, Miguel, Tomás Guerrero ou Pepe Carreiro. Que destacarías de cada un?

Víctor sabe chegar coa historia aos nenos/as, o seu cómic "Aleida. CIdade sen alma" ambientado na Compostela medieval é unha mostra perfecta.

Tokio, ademáis de pioneiro da bd galega, sorprendeu coa súa obra "Cabana de Balieiros", un guión profusamente documentado e ambientado na Costa da Morte a finais do XIX.

Miguel Fernández é un dos máis prolíficos debuxantes de bd histórica que temos agora en Galicia, que eu saiba non ten unha soa obra que transcurra na actualidade.

Tomás Guerrero é un autor completo e versátil como debuxante, a súa obra a "Deserción de Stalin" encaixa dentro da parodia histórica, un xeito distinto de ver o drama da historia a través dun humor sutil e afinado.

De Pepe Carreiro podería falar un bo anaco porque leva décadas producindo bd en Galicia e aínda que é recoñecido polos seus existosos Bolechas, paga a pena achegarse a todos os seus cómics ambientados en diferentes etapas da historia de Galicia. 

Toda a entrevista no portal colaborador HdG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta