Os segredos do Neolítico, ao descuberto en Dombate

O Centro Arqueolóxico de Dombate presenta unha novidosa actividade para captar a atención dos máis novos coa recrecación dunha escena doméstica desta época.

Por Galicia Confidencial | Cabana de Bergantiños | 06/04/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate acaba de presentar un novo espazo didáctico, os  Segredos do Neolítico. Trátase dunha iniciativa financiada polo concello de Cabana de Bergantiños coa colaboración da Deputación da Coruña e deseñada e producida por Galipat Servizos Culturais S.L.

Recreación dunha escena do Neolítico en Dombate
Recreación dunha escena do Neolítico en Dombate | Fonte: Galipat

Segredos do Neolítico, é un proxecto de educación patrimonial no que se propón aos centros escolares que adiquen unha xornada a coñecer dunha maneira lúdica e didáctica este lugar emblemático da historia da arqueoloxía de Galicia. 

O proxecto consta dunha variada programación didáctica no que se atopan visitas guiadas e obradoiros didácticos de balde, sendo todas as actividades adaptadas ás necesidades específias de cada ciclo educativo: E. Infantil, E. Primaria, E. Secundaria e Bacharelato así como a ciclos de Educación Especial, Formación Profesional e Educación de Persoas Adultas. 

Xunto con esta programación, inaugurase o Espazo Didáctico: unha recreación dunha escena domestica do Neolítico. Trátase dunha iniciativa innovadora orientada a complementar os contidos do Centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate. Neste espazo, as alumnas e alumnos poderán comprender diferentes aspectos dos modos de vida no Neolítico así como algúns sistemas de producción da cultura material relacionada co Megalitismo.

Esta é unha das actividades programadas polo Concello de Cabana para impulsar a importancia cultural e arqueolóxica deste monumento único de Galicia e que comezou en Semana Santa coa programación de distintas actividades; entre elas, actividades de cestería, arqueoastronomía e divulgación doutros puntos a visitar.

Escena de agricultura no Neolítico en Dombate
Escena de agricultura no Neolítico en Dombate | Fonte: Galipat

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta