O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla contra o recurso de Edgewater e dá a razón á Xunta e as entidades contrarias ao polémico plan da empresa canadense.O proxecto mineiro de Edgewater en Corcoesto debera servirlle á Xunta de Galicia, e en concreto ao Director Xeral de Enerxía e Minas, para aprender que non se pode confiar nas multinacionais, que alleas aos intereses de Galicia, só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos, que só se queren aproveitar ao máximo deles e que non lles importa nada as consecuencias dos seus actos.
A asociación Petón do Lobo agradece as súas persoas socias, plataformas, asociacións e á cidadanía en xeral, todo o apoio recibido ao longo da extensa tramitación xudicial deste caso, e anima á Plataforma veciñal de Touro –O Pino a manter e preservar no tempo o espíritu de loita contra outro proxecto depredador e contaminante como é o que lles afecta. Petón do Lobo di que desta sentenza a Xunta ten que aprender "que non se pode confiar nas multinacionais que só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos".