Inician unha recollida de firmas contra a manipulación informativa de La Voz de Galicia en Carballo

Veciños de Corcoesto acusan ao xornal e ao seu delegado de beneficiar e protexer ao rexedor popular José Muiño Domínguez tras iniciarse procedementos xudiciais contra el.

Por Galicia Confidencial | Corcoesto | 05/05/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Varios colectivos veciñais, entre eles Petón do Lobo, asociación galega Cova Crea ou a asociación Ouriol do Anllóns, entre outras, critican a manipulación informativa da edición de Carballo de La Voz de Galicia, e, especialmente, a actitude do seu delegado.

Consideran "lamentable" que este medio de comunicación leve anos atacando aos veciños e veciñas pola súa oposición á mina de ouro. "E actualmente este xornal está a desinformar con total impunidade sobre os presuntos casos de corrupción municipal que afectan ao alcalde do PP José Muiño Domínguez", critican.

Denuncian que este medio informativa actúa como "a voz do alcalde", tras publicar que José Muiño Domínguez "síntese vítima da persecución dun grupo de veciños" tras ser denunciado por supostas irregularidades. Trátase dun expediente xudical aberto polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº1 de Carballo por un presunto delito contra o Patrimonio e unha denuncia da Fiscalía polos presuntos delitos de falsedade documental e expropiación ilegal. "O rexedor vese acurralado pola xustiza en dous casos totalmente independentes, algúns dos cales non teñen que ver coa veciñanza", apuntan nun comunicado.

Por iso, anuncian o inicio dunha recollida de sinaturas que levarán ao Valedor do Pobo e tamén trasladarán ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. "Seguiremos loitando con dignidade dende as distintas asociacións da parroquia e apoiando as denuncias da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, tanto contra a mina de ouro de Corcoesto como das presuntas irregularidades que en calquera momento se leven a cabo por parte do Concello", apuntan.

Este grupo de veciños lembra que La Voz de Galicia "transformouse en La Voz de la mina de Corcoesto", primando unha e outra vez as informacións da empresa canadense Edgewater e a súa filial sobre os intereses veciñais. "Unha e outra vez foi o mellor altofalante do maior impulsor do proxecto, que non foi outro que o alcalde José Muiño, que chegou a incluir a reapertura da mina no seu programa electoral do ano 2011".

Edición de La Voz de Galicia en carballo
Edición de La Voz de Galicia en carballo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 Prometea

Asumide o F-R-A-C-A-S-O co tema da mina. Hai que ver como vos jode cando sodes conscientes de que vos venderon a moto e o proxecto non ía a ningures.

8 Cari Camarero

Petón de la Loba Martina e Condenemos Cabana facendo amigos. Incluso o voso coleguilla Ubaldo se mostra sorprendido coa estratexia de estar en todas as salsas. Seguide así, ides polo bo camiño jajaja https://quepasanacosta.gal/valares-...

7 EMILIO VARELA RIVERA

Carape, carape... que será da famosa recollida de firmas? Cantas levarán? https://www.lavozdegalicia.es/notic...

6 Chelito Ferreiro

O Meli Souto real, non o troll que o sustenta nos comentarios, o que debería facer é acudir aos plenos e facer o que non fai ninguén no concello de Cabana de Bergantiños: OPOSICIÓN. É curioso que se fale de denuncias falsas cando parten de sendas investigacións da Garda Civil e da Fiscalía. Vaise volver tamén contra eles??? Un corrupto é un corrupto e punto, e no caso que nos ocupa só coñecemos a punta do iceberg.

5 Meli Souto

E, na miña humilde opinión, estas asociacións ou plataformas que naceron á sombra de Corcoesto (incluído Salvemos Cabana), deixando de lado posibles intereses persoais, medioambientais ou o que sexa... deberían xuntarse e afiliarse ou crear un partido político. Deixarse de redes sociais, posible guerra sucia, deixarse de denuncias falsas (que poden volverse contra eles) e dar a cara diante dos veciños e cantarlle as 40 ó alcalde non salón de plenos. Complicado sacarlle a alcaldía a Muíño, que leva moito tempo con maiorías absolutas, pero sí sacarlle algúns concelleiros. Un alcalde, sempre necesita algo de oposición. Pois eso, que aproveiten todo ese apoio social do que presumen, se é que o teñen claro.