Condena en toda Galicia polo crime machista de Cabana de Bergantiños

O Concello de Cabana decreta este luns como día de loito e haberá mobilizacións pola tarde en varios municipios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2018 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A sociedade galega mostrou este luns a súa repulsa ao crime machista ocorrido o domingo en Cabana de Bergantiños (A Coruña) con diversas concentracións ao longo desta xornada. Diversos municipios como o de Santiago ou o da Coruña acolleron concentracións de solidariedade coa vítima. A Xunta deixou patente a súa "máis enérxica condena" por este asasinato.

Minuto de silencio anet a Xunta polo crime machista de Cabana de Bergantiños. XUNTA
Minuto de silencio anet a Xunta polo crime machista de Cabana de Bergantiños. XUNTA | Fonte: Europa Press

Deste xeito, ás 11,00 horas os conselleiros de Sanidade, Medio Rural e Mar, así como diversos cargos da Administración galega, funcionarios e policías concentráronse ante o edificio da Xunta en San Caetano. Posteriormente, ás 12,30 houbo un minuto de silencio ante a Delegación do Goberno na Coruña con Javier Losada á fronte. Así mesmo, o Concello de Cabana de Bergantiños enviou o seu "máis sentido pésame" á familia da muller asasinada e transmitiu a súa condolencia aos seus familiares e achegados, "especialmente aos fillos". "Compartimos a vosa dor e mostrámosvos todo o noso apoio", indica nun comunicado.

Deste xeito, o Concello de Cabana de Bergantiños decretou un día de loito para este luns pola morte "en terribles circunstancias" desta veciña de Trasdagra. Todas as bandeiras estarán a media hasta. Entidades como o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia tamén quixo dar a coñecer a súa condena, na que remarca que é "imprescindible que se apliquen políticas de apoio e de protección ás vítimas", así como que se faga unha aposta decidido pola prevención.

REACCIÓNS DE PARTIDOS

Todos os partidos con representación parlamentaria mostraron o seu rexeitamento a este crime. A deputada popular Paula Prado trasladou a súa "solidariedade" coa familia da vítima, á vez que fixo un chamamento ás mulleres que sofren a violencia a que denuncien. "Queremos dicirlles ás mulleres que hai saída, que denuncien, que as administracións as van a acompañar nese camiño, que hai recursos á súa disposición", deixou claro a popular en rolda de prensa.

Por parte da formación rupturista, Marea Feminista lamenta este feminicidio e mostra a súa condena contra outras recentes agresións machistas como a ocorrida en Moaña (Pontevedra). Ademais, chama a "non renderse nin ser indiferentes fronte ao machismo", mentres reclama recursos, persoal e formación para combater esta secuela. Así mesmo, o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, expresou a través das redes sociais a súa condena a este asasinato e mostrou a defensa das "vítimas de todo tipo de violencia, particularmente se hai violencia machista".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo un chamamento para "pasar dos minutos de silencio e dos lazos" a outorgar máis recursos e aplicar políticas feministas contra esta secuela. Após facer un chamamento a participar nas mobilizacións contra este asasinato, reclamou máis medios, así como "máis sensibilización e máis educación para a igualdade".

MOBILIZACIÓNS

Ao longo desta tarde realizaranse mobilizacións en todas as cidades galegas e diversos municipios, que comezarán de forma xeneralizada entre as 20,00 e as 20,30 horas.

Entre outros, na capital de Galicia a protesta comezará ás 20,00 horas na Praza 8 de marzo. Á mesma hora na Coruña (no Obelisco) e en Vigo (no Marco).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta