O CPEIG avisa das eivas de seguridade e privacidade na Internet das cousas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia pide aos cidadáns que fagan un "uso responsable e seguro" dos aparellos conectados á Rede.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Co gallo do Día Internacional da Internet das Cousas, este luns, 9 de abril, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) considera "de vital importancia que a sociedade galega sexa consciente dos dispositivos da Internet das Cousas que emprega" e remenda aos cidadáns que fagan un "uso responsable e seguro dos mesmos de cara o envío de datos persoais e a súa publicación en Internet".

Casa 'intelixente' con aparellos conectados a Internet.
Casa 'intelixente' con aparellos conectados a Internet.

O CPEIG recorda que se denomínase Internet das cousas a todo o ecosistema de dispositivos que procesan datos e información e están conectados entre eles e con Internet. Actualmente, calcúlase que máis de 8.400 millóns de dispositivos se conectaron a Internet no ano 2017 e algunhas consultoras como Gartner, calculan que no ano 2020 serán 20.000 millóns de dispositivos (sen contar teléfonos móbiles, tabletas ou ordenadores).

"O crecemento da Internet das cousas traerá evidentes melloras sociais e económicas", expón o CPEIG. Así, o colexio subliña que "segundo a tecnoloxía avance, se poderán obter mellores produtos e servizos para a sociedade, por exemplo, no eido da teleasistencia ou do control continuo de variables de saúde". Ademais, "as empresas posuirán cada vez máis datos dos usuarios e poderán anticipar as súas necesidades e proporcionarlle servizos que axuden á toma de decisións e a aforrar cartos e tempo, como no ámbito do fogar cos dispositivos de control de consumo e de medición dos parámetros ambientais".

Con todo, e malia que o desenvolvemento de Internet das Cousas proporciona "claros beneficios á sociedade", o CPEIG considera que "é preciso ser conscientes das súas eivas no ámbito da privacidade e da seguridade".

En concreto, o CPEIG considera que os cidadáns deben tomar conciencia dos dispositivos que manexan e que se conectan a Internet para o envío de datos ou seguimento de diversas actividades, como termostatos intelixentes, cámaras web intelixentes, televisores intelixentes, teleasistencia, pulseiras de control deportivo ou reloxos intelixentes.

“Todos estes dispositivos poden ser unha fonte de ataques á privacidade e á seguridade dos cidadáns. Por exemplo, no ámbito da seguridade están documentados ataques masivos a cámaras web dos fogares ou a televisións intelixentes, E no ámbito da privacidade a publicación sen control de datos de pulseiras deportivas (tipo fitbit) con información sensible como as rutas xeográficas nas que practica deporte ou a súa actividade sexual”, explica o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

CONSELLOS

O colexio recomenda usar estes dispositivos de forma segura, protexendo os datos persoais e a súa difusión mediante a lectura e comprensión das cláusulas de contratación que son aceptadas na instalación e uso dos mesmos. Tamén incide na necesidade de reforzar as conexións dos dispositivos conectados, sobre todo no fogar, mediante instalacións profesionais con redes seguras e inhabilitar calquera tipo de opción de conexión que non sexa precisa para o bo funcionamento do servizo.

Desde o punto de vista do deseño e a fabricación destes dispositivos, os profesionais do CPEIG velan pola seguridade nestes dispositivos desde o seu deseño, incluíndo características avanzadas de programación que teñan en conta os seus posibles riscos e mitiguen os ataques. “O consumidor debe dispoñer de mais información na súa compra para poder distinguir aqueles dispositivos deseñados cunha perspectiva de seguridade e non cunha perspectiva de fabricación de baixo custe”, expoñen desde o CPEIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 programador

La tecnología y seguridad informática cada vez están evolucionando más rápidamente. El internet de las cosas en la actualidad no es tan conocido como lo será en un futuro. Pero sin ninguna duda es cierto que cuanta más tecnología tengamos, los televisores, dispositivos móviles y ordenadores más interconectados estarán y por ello, la seguridad informática deberá ser cada vez más tenida en cuenta pues todos los dispositivos tecnológicos que poseemos contienen datos tanto de nivel básico como de nivel alto. Por ejemplo, el reloj de Apple almacena datos de salud que son datos de nivel alto y estos en la ley de protección de datos son catalogados como muy sensibles.

1 Alexandra

La verdad que la seguridad informática cada vez es más volátil y nos estamos acostumbrando a ello. Existen tantas aplicaciones que no sabemos si nos roban datos o no que prácticamente es imposible tenerlo todo bajo control, desde juegos o otras tan de moda como b612 en pc o otras que usan emuladores..es todo un despropósito.