Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2018 | Actualizada ás 18:54
A Xunta de Galicia sitúa a día de hoxe o seguimento da folga arredor do 30%, sobre 820 persoas nesta xornada. Mentres os traballadores do sector seguen con actos reivindicativos e continúan sumándose trámites e xuízos aprazados. Segundo os datos ofrecidos en Lugo polo responsable de CIG-Xustiza, Jesús Sánchez, na provincia suspendéronse máis de 2.000 xuízos e, no conxunto da comunidade "as causas aprazadas rondan as 20.000".
As consecuencias do paro indefinido implican tamén aos procedementos penais. Este mesmo martes a Audiencia Provincial de Lugo, veuse obrigada a suspender o xuízo contra un sacerdote que estivo á fronte dunha ducia de parroquias da diocese de Mondoñedo-Ferrol pola desaparición de obxectos e reliquias relixiosas. Na xornada número 64 da folga, seguen os actos reivindicativos. Os funcionarios de xustiza en Lugo celebraron o seu segundo xantar solidario, co que pretenden ofrecer a recadación a Cáritas Diocesana.
Jesús Sánchez reprobou que a Xunta "pretenda sinalar e criminalizar" aos funcionarios como responsables "da parálise". "Son eles, porque levamos con este conflito desde principios de novembro, que é cando empezamos coas mobilizacións. Levamos cinco meses con este conflito e a Xunta non é capaz de solucionalo por moito que teña un mandato do parlamento galego", concluíu o representante sindical. En Santiago, os traballadores dirixíronse desde os xulgados até a Praza do Obradoiro con camisetas reivindicativas e unha pancarta contra a "discriminación" laboral a este colectivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.