Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 13:06
O deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, en cuxo currículo, na páxina web do Parlamento galego, figuraba que era enxeñeiro naval, asumiu o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación, algo que se fixo coa súa "conivencia" pero "non coa intención de enganar".
Merlo asegurou que non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia para transformalos en título de enxeñeiro naval.
Neste sentido, após coñecerse a información publicada por 'ABC', recoñeceu o "bochorno" e a "vergoña" que supón para el esta situación, pero considerou que non é motivo de dimisión do seu escano. É máis, opinou que se o contexto actual non fose o da polémica sobre as titulacións de varios dirixentes políticos, incluído o suposto máster de Cifuentes, serían máis "entendibles" as súas explicacións".
Durante as súas explicacións, explicou en varias ocasións que non terminou os estudos por problemas para compatibilizar o traballo e a formación como enxeñeiro debido á situación familiar e asegurou que "non asinou" ningún traballo como enxeñeiro. O que si recoñeceu é que, como "xerente", estivo á fronte dunha empresa de enxeñaría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.