A Xunta sobre os funcionarios de Xustiza: “Non podemos aceptar dar cartos por non traballar”

O vicepresidente Alfonso Rueda di que non se arrepinte de ter negociado só con catro sindicatos e amosa a súa perplexidade porque romperan un preacordo. “A Xunta ten que ter a súa dignidade”, suliña sobre a postura que mantén o Goberno galego neste conflicto que afecta a milleiros de cidadáns.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/04/2018 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Xunta e traballadores da Xustiza seguen sen chegar a un acordo logo de máis de dous meses de folga. Os xulgados practicamente están paralizados e milleiros de expedientes pedentes de resolución. E, cando semellaba que había esperanzas para un acordo, as posicións volven estar nas antípodas. “A Xunta non pode aceptar dar cartos por non traballar”, espetou este mércores o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Unha labazada nos fuciños aos traballadores da Xustiza por non aceptar a oferta que lles puxo enriba da mesa. 

Feijóo, Rueda e Valeriano Martínez no Consello da Xunta
Feijóo, Rueda e Valeriano Martínez no Consello da Xunta

A Xunta tamén ten que ter a súa dignidade”, suliñou Rueda visiblemente molesto por un conflito que se eterniza e que non ten visos de solución a curto prazo. A guerra de desgaste da Xunta semella non funcionar e aos folguistas xa lle saen apoios entre os fiscais que acusan ao Goberno galego de tentar dividilos.

De feito, e segundo os propios sindicatos, iso é o que fixo este mércores ao reunirse só con catro deles para tentar chegar a un acordo. Un acordo que finalmente non foi adiante porque os outros tres non o aceptaron, segundo Rueda, e “queren que a folga continúe”.  Desde os sindicatos a versión é ben diferente xa que acusan ao vicepresidente de non querer incluír nas conversas a esas tres centrais: Alternativa da Xustiza-CUT, CIG e STAJ para “dividilos”.

DIVISIÓN

“Xuntámonos con eses catro SPJ-USO, UXT, CSIF e CC.OO. Porque consideramos que eles xa eran dabondo e porque non me dixeron que tiñamos que falar cos demais”, replica Rueda que destaca que esas catro centrais suman o 60% da representatividade sindical. “Non me arrepinto polo acontecido, só estou perplexo e indignado”, dixo ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta senón cre que a súa estratexia está equivocada. De feito, agora, os sindicatos xa non o teñen por interlocutor válido e piden a intervención directa de Núñez Feijóo.

Protesta en Vigo dos funcionarios da Xustiza
Protesta en Vigo dos funcionarios da Xustiza | Fonte: Miguel Núñez.

A Xunta tamén ten que ter a súa dignidade e, sobre todo, cando os acordos non son respetados con independencia das críticas, que algunhas son respetables, pero a postura da Xunta non é dunha persoa concreta, senón do conxunto do goberno”, defendeuse Rueda que acusou aos traballadores xudiciais de “prexudicar a moita xente” coas súas dcisións

E, entre estratexias e estratexias, os cidadáns seguen sufrindo as consecuencias dunha folga que xa vai camiño dos tres meses e que ten paralizados milleiros de procesos xudiciais. Unha situación que pode derivar nun auténtico “caos” da xustiza tal e como teñen advertido xa fontes xudiciais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Galegus

Por unha vez estou de acordo co Núñez Feijóo.

1 Julius Caesar

Andas un pouco despistado. É o que ten comentar ao tolo sen ler a noticia.

2 fartaxa

Nos mienten por las dos bandas.decidamos nosotros y votemos.porque hay miedo a que votemos?

1 Pondaliao

Non tés a obriga de seguir a folga se non te fías de ninguén.

1 fartaxa

Hay que votar ya¡¡¡