Non, non todo é bitcoin

Dende fai un tempo cara aquí, o sector das criptomoedas asaltou por completo o panorama mediático. Non hai día que non apareza nun xornal ou noutro, nunha cadea de televisión, programa de radio ou páxina de internet información sobre este recente sector da economía que moitos están comezando a descubrir.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/05/2018 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Aínda que existen moitas criptomoedas, a maioría de todas estas informacións non van mais aló de falar do Bitcoin. Que seica o Bitcoin é unha estafa, que se non é, que se algún día vai superar os 100.000 dólares por unidade ou que, nunha semana, vai valer nada, cero.

Cálculo computacional co logotipo  de Ethereum, unha criptomoneda capaz de executar Smart Contracts
Cálculo computacional co logotipo de Ethereum, unha criptomoneda capaz de executar Smart Contracts

Pero, que acontece co resto das criptomoedas? Eses centos e miles de proxectos que se acumulan na rede e que, nalgúns casos, contan con divisas cun valor superior aos 100 dólares. A continuación, presentámosche algunhas delas e as súas principais características. Porque non, non todo é BTC no mundo das moedas electrónicas.

Ethereum Classic, a orixe do ETH

Poucos saben que tras este nome atópase o proxecto orixinal de Ethereum, a divisa electrónica que hoxe en día supón a competencia mais directa a nivel de valoración para o Bitcoin. O Ethereum Classic ou ETC naceu coma un intento dos defensores da idea primixenia de Ethereum para manter a súa esencia. É dicir, un obrigado cumprimento da estrutura do blockchain orixinal, que o fork creado polo nacemento do novo Ethereum puxo en dúbida.

Nestes momentos, e pese os rallys baixistas dos últimos meses, o Ethereum Classic mantén unha valoración superior aos 10 dólares por unidade, o que a mantén entre o grupo das criptomoedas mais valoradas á vez que non deixa de ser un produto asumible por prezo. Aínda que tamén hai que ter en conta que, neste tipo de produtos, as flutuacións de prezos son unha constante e poden non ser apropiados para todos os inversores. O trading online conta con riscos inherentes e só deberías apostar capital que poidas permitirte perder.

Pese a todo, o ETC sexa unha competencia para o Ethereum. En verbas dun dos creadores desta criptomoeda: “Somos parte dun ecosistema Ethereum mais amplo e temos a intención de contribuír positivamente ao seu desenvolvemento. Somos outra comunidade de Ethereum que comparte un conxunto diferente de valores e cremos que, eventualmente, poderemos cumprir ca promesa orixinal e a visión dun blockchain aberto, neutral e inmutable. Estamos facendo que o ecosistema Ethereum sexa mais rico, non mais pobre.”

Litecoin, a mais potente das altcoins

Aínda que non se adoite incluír ao Litecoin no grupo das criptomoedas nacidas dun fork do BTC, o certo é que esta divisa electrónica ten a súa orixe no sistema inventado por Satoshi Nakamoto. En resumo, o LTC é basicamente o mesmo proxecto que o do BTC con tres diferencias cruciais: os procesos dos seus bloques son catro veces mais rápidos que nos da moeda primaria, as unidades de Litecoin poden dividirse en 100.000.000 unidades menores e o sistema ten a posibilidade de producir ata catro veces mais moedas.

Quizais, estas razóns básicas son as que converten a o Litecoin na altcoin mais valorada dos mercados de intercambio de moedas crypto.

Petro, un proxecto para manter vivo o chavismo

Ante o bloqueo económico dos Estados Unidos de América, as opcións económicas do goberno venezolano para reflotar a súa economía non eran moitas. Destas, a maioría tampouco era que fosen moi ortodoxas. E entre ese grupo de medidas pouco ortodoxas estaba a posibilidade de crear unha criptomoeda nacional, venezolaza, que tivese a posibilidade de recibir o apoio de inversores foráneos mediante as facilidades que estes produtos electrónicos ofrecen para a súa compra.

Pois ben, o proxecto saíu adiante, e chámase Petro. Esta criptomoeda bolivariana, creada polo Ministerio do Poder Popular para a Educación Universitaria, Ciencia e Tecnoloxía, está vinculada a recursos naturais de Venezuela como o petróleo, os diamantes, o gas, ou o ouro. O obxectivo é que a comercialización desta divisa permita refinanciar, en parte, as arcas do estado venezolano.
XLM, a forza dos nomes.

Detrás do proxecto Stellar acumúlanse un grupo de nomes, liderados polo de Keith Rabois, que auguran un bo futuro para este sistema e a súa moeda dixital XLM. Entre os implicados, atópanse personalidades de moito calibre no sector tecnolóxico coma Matt Mullenweg, Patrick Collison, ou Joi Ito, que fan que a confianza de moitos inversores xa estea da súa parte dende un primeiro momento.

O plan de negocio de Stellar pasa por converterse nunha especie de punto de encontro entre moedas clásicas e criptomoedas. Sería unha especie de casa de intercambio no que se podería mercar ou negociar con calquera tipo de divisa, electrónica ou non. Veremos se acaba por funcionar. O que está claro e que, por reputación, está destinado a triunfar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Mario Martínez

Dende logo este mundo das criptomoedas asemellase terriblemente ao mundo dos mercados especulativos tradicionais. A decir verdade, se dúas moedas son fácilmente intercambiables en todo momento é normal que as desigualdades en unha delas se perpetuen nas outras. Desta maneira e mentres haxa vía libre para mercar criptomoedas con moeda fiat convencional (euros ou dolares por exemplo) non se pode esperar de nigunha delas unha maior redistribución da riqueza. Cabe polo tanto buscar proxectos nos que esta facilidade de intercambio estea restrinxida, cousa que a priori, ao tratarse de ferramentas de uso libre as moedas, parece imposible. Quen lle impide alguen comerciar coas moedas que controla? Pero hai intentos como no caso da faircoop no que unha comunidade interdependiente se compromete a facer un uso responsable da moeda e así manter un valor estable disminuindo a influencia dos mercados especulativos.

1 xanrk

Grazas pola info sobre criptomoedas.Non é habitual nos medios. Coñecefes faircoin? E FairCoop? Merece unha reportaxe, e hai colectivos na Galiza intercambiando en rede. Saúde!

1 CarmelaBal

Efectivamente. Aquí podedes velo https://galiza.fair.coop/