Por GC Emprende | Lugo | 08/05/2018 | Actualizada ás 10:00
Arduino é unha plataforma de hardware libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un entorno de desenvolvemento, deseñada para facer fácil e barato, a principiantes e non especialistas, a creación de proxectos interactivos que integren sensores e actuadores electrónicos.
O arduino naceu no ano 2003, no Instituto de Deseño Interactivo na cidade italiana de Ivrea, como ferramenta para estudantes principalmente artísticos. Na última década, estendeu o seu obxectivo orixinal, converténdose nun dinamizador da industria global da electrónica e do movemento maker (baseado na colaboración e libre acceso á tecnoloxía).
E para impulsar o mundo do hardware libre articulouse o ArduinoDay, que terá lugar o vindeiro 12 de maio no CEI-Nodus. Esta xuntanza, que se celebra por quinto ano consecutivo co apoio do Concello de Lugo, expón diversas iniciativas relacionadas con esta plataforma, ademais de, competicións de robots e talleres educativos para as persoas interesadas en profundizar máis no mundo da tecnoloxía.
Poderá visitarse en horario de 10:30 á 13:30 horas e de 16:30 á 19:00 horas e contará coa presenza e as iniciativas de makers que ofrecerán aos visitantes unha gran variedade de proxectos para que poidan coñecer en profundidade: impresión 3D, robótica auditiva e electrónica ou CNC, entre outros.
Ademais as persoas interesadas en mostrar o seu traballo, ideas ou aparatos baseados no arduino, participar en competicións de robots sigueliñas ou minisumo ou en talleres educativos poden apuntarse no seguinte enlace www.makerslugo.org
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.