A consulta sobre o futuro da deputada Paula Quinteiro celebrarase o día 22

A pregunta que a dirección de En Marea exporá aos inscritos será: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?". Os resultados coñeceranse dous días máis tarde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A consulta ás bases sobre o futuro da deputada de En Marea Paula Quinteiro celebrarase o vindeiro martes 22 de maio se o Consello das Mareas, órgano máximo de dirección do partido instrumental, dá o visto e prace á proposta de regulamento da votación nunha reunión telemática que terá lugar este luns.

Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea
Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea | Fonte: Europa Press

Os 35 membros do Consello están convocados o vindeiro luns 14 a participar nunha votación a través de Telegram para referendar o regulamento da consulta non vinculante que pedirá a opinión dos inscritos de En Marea sobre o futuro de Paula Quinteiro, a parlamentaria que a mediados do pasado mes de marzo se viu envolta nun altercado coa Policía Local de Santiago de Compostela cando realizaba un control por vandalismo.

Deste xeito, na proposta de regulamento da consulta establécese que as votacións se abrirían ás 10,00 horas do día 22 e concluirían 36 horas máis tarde, o mércores 23 ás 22,00 horas. Á primeira hora do xoves 24, os resultados faríanse públicos.

A pregunta que a dirección de En Marea exporá aos inscritos será a seguinte: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

Así, as persoas que queiran participar na consulta deberán figurar como inscritos de En Marea. O censo permanecerá pechado a partir das 23,59 horas deste domingo 13 de maio.

Así mesmo, na proposta de regulamento, a dirección de En Marea tamén establece que as votacións se realizarán de maneira telemática seguindo o mesmo procedemento que en anteriores procesos internos e utilizando o censo de inscritos na súa plataforma 'Medrando', onde figuran, neste momento, preto de 2.400 persoas.

Ademais, tamén informa que se remitirá ás persoas que figuren neste censo a "información e explicación dos principios e preceptos" que motivaron a convocatoria desta consulta por parte do Consello das Mareas, así como o escrito da propia Paula Quinteiro "cos argumentos que desexe".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 Galego

Demitir???? De que vai vivir.

1 comunista independentista

É enfermeira da sanidade pública. Ten un oficio, non é unha Poltrona ou unha Lobeira. Por iso ten que estar no parlamento, para representar á xente que traballa e non ás elites políticas.

2 Pepinho

O que teñen que facer,e botala xa...se ela non marcha esta a ser igualiña que esa outra xente que din que veñen a sustituir. E digo eu porque lles votei e dame vergoña que esteña todavía ahí sentada despois da que montou(non digo directamente ela,pero si a xente coa que iba)e encararse cos municipais decindo que era parlamentaria ! Ten vergoña e marcha!,, ,,

3 Anti-manada

Tes razón Chovi, a quen tiñan que botar é ao acosador da FPG, un tal brais, que opinas?

4 LKI

Consumista Dependentista, por que estás contra a posibilidade de que Mariano Abalo sexa deputado? Acaso non é Abalo máis comunista e independentista que a rupturista de espellos Paula Quinteiro, aquela señorita que mostra a credencial da casta cando chega a policía para diferenciarse da plebe? Ou non lle perdonas a Mariano Abalo que nos setenta fose proclamado líder da UPG? De verdade, Consumista Dependentista, as túas tragadeiras son inmensas, o teu odio velenoso e os teus valores están no mercadeo. Por iso, entendes, esgazamos por insoportable, divórciome de ti e tomo corpo propio...