Fichamos?

Están na Havana un tanto preocupados, a familia Castro ten orixe en Láncara e saben que tarde ou cedo o “partido” laranxa vai facer unha proposta a Raúl Castro para ser o candidato, ademais en Láncara poden ser decisivos, nada está despexado.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 23/05/2018

Comparte esta noticia
Brincadeiras aparte, está moi ben iso de querer vender á xente que se está  a fichar talento, mais compre ter coidado e ser un pouco prudentes, a política non é fútbol e incluso no fútbol por exemplo os xogadores galos teñen problemas de adaptación. 
 
Non deixa de ser unha paradoxo que o partido máis nacionalista español, Ciudadanos, teña que buscar o teórico talento fora, mesmo en aqueles que tradicionalmente bloquean a nosa política pesqueira en agraria en Europa. Precisa Galicia esta formación? Esta clase de facer política? cada quen que elixa. 
 
Andan agora a lea de fichar a un exconselleiro, non de moito talento tampouco, pero si de repercusión porque tiran na liña de flotación do PP. Sen que serva de precedente doulle algo de razón a Rueda, iso non pasa de ser unha deslealdade. Xa non do Sr. Guerra co PP senón de ciudadanos coa xente que ten en Galicia, eu plantaríame seriamente o futuro nunha forza que non acredita no meu traballo e ten que buscar talento fora.
 
Ciudadanos manifestaba fai uns días que en Galicia so ía presentar candidaturas nos Concellos nos que fose decisivo, e nas cidades e vilas intermedias. Dúas apreciacións dende a miña humilde opinión. Primeiro compre votar, para saber onde se é decisivo, é un concepto de democracia que igual non controlan ben e segundo Galicia é algo máis, moito máis, que as vilas e cidades. É moi interesante saber que renuncian a representar a un bo número de galegos e galegas. Quizais o fan inspirados por ese talento, pero demostran que de Galicia saben ben pouco.
 
Con partidos como Ciudadanos e Podemos, que traballan e actúan en chave demoscópica unicamente, so sufrimos o arte de deturpar a política. Está é a nova política que dicían representar ou máis ben e un sácate ti que me poño eu?.
 
Neste senso era chave que os xornalistas fagan o seu traballo ben e transmitan a verdadeira cara de esta acción política que representan dende os seus cháletes millonarios e dende as súas tribunas subvencionadas.
 
Unha recomendación, acudide se podedes a calquera das cámaras de representación, o talento e o nivel están moi baixos, algo pasa nesta democracia e compre actuar con sentidiño.
 

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan Carlos Piñeiro Secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG)