Os problemas de En Marea; máis persoais que de proxecto político

Anova e Podemos queren restruturar en Marea tras a crise de Paula Quinteiro. No fondo, problemas máis de índole persoal que de proxecto político. Que pasa realmente para que un espazo que proclamaba un "cambio" en Galicia estea hoxe dividido?.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/05/2018 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

As fendas abertas en En Marea ameazan con converter en papel mollado este proxecto político que actualmente é a segunda forza política de Galicia. Un proxecto que pode quedar en nada ante as ameazas doutros actores que participan nel de artellar espazos alternativos. Podemos, primeiro, e Anova, despois, deron xa un serio aviso de que En Marea, tal e como está agora, non pode continuar.

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea

Non fondo, o problema non é tanto de proxecto político, que tamén, senón de personalismos e enemistades manifestas que o caso Paula Quinteiro non fixo máis que agrandar. De feito, o incidente da deputada do grupo anticapitalista de Podemos coa Policía Local de Santiago supuxo un antes e un despois na formación rupturista. Desde entón, por un lado está o sector “federalista” e, polo outro, o sector "máis nacionalista".

Con Quinteiro acelerouse todo”, suliñan fontes consultadas. “Antes había tensións, diferencias, pero o de Paula supuxo un antes e un despois”, indican. Desde entón, a relación de gran parte do grupo parlamentario con Villares é tensa ou case inexistente. Con el só están David Rodríguez, ex rexedor de Manzaneda, e do sector crítico de Anova, e Paula Vázquez Verao, de Cerna. Os dous do sector máis nacionalista de En Marea. Tamén algún outro deputado mantén boas relacións con el, pero pouco máis.

AVISOS DE PODEMOS E ANOVA

En fronte, Podemos --coas súas distintas correntes--, Esquerda Unida e o grupo oficialista de Anova. "O que pasou nos últimos meses conseguiu algo ata agora impensable; que todos os grupos enfrontados de Podemos se uniran e fixeran piña", destaca outro deputado consultado que asegura que a insistencia dos afíns de Villares en apartar a Quinteiro volveu tecer novas alianzas e procuroulle certa estabilidade a líder de Podemos, Carme Santos.

Plenario de En Marea
Plenario de En Marea

De feito, Santos foi a primeira en insinuar que había que "reestruturar" en Marea. Non é a primeira vez que no seu círculo aseguran que foi un erro ir baixo esta marca e non a de Podemos nas eleccións e, por iso, insiste en ir ás locais coa súa marca. Algo que, curiosamente, non acontecerá en Compostela, A Coruña e Ferrol, onde gobernan mareas locais afíns aos críticos a Villares. 

Despois de Podemos foi Anova a que suxeriu que En Marea, tal e como está agora, non é válida como proxecto de futuro. Un golpe en toda regra á viabilidade futura da formación rupturista e que podería provocar unha nova división deste espazo semellante á que xa aconteceu no BNG de Amio. Por un lado irían Podemos, Esquerda Unida e Anova --quizais baixo a fórmula Podemos-EU-Anova-- nunha fronte moito máis "republicana" ou "españolista", --segundo denominacións dalgúns críticos-- e polo outro, En Marea, "máis nacionalista".

PROBLEMAS CASE PERSOAIS

Este mesmo mércores o alcalde de Santiago e membro de Anova, Martiño Noriega, censuraba que "xente que non ten representatividade exerce" na dirección de En Marea, aínda que aclara que esa crítica "non vai por Luís (Villares)", o portavoz da formación. Unha clara alusión a Cerna, o espazo excindido precisamente de Anova.

Precisamente, os nomes de "palleiro" --Luis Eyré-- e "López Rico" --dous dos dirixentes desta corrente nacionalista-- están en boca de moitos dos dirixentes de Anova, Podemos e EU á hora de falar da crise de En Marea. "Son eles os que intoxican, os que utilizan a xornalistas concretos de La Coz e os que lle meten páxaros na cabeza a Luís", apunta unha fonte consultada.

Da outra banda, acusan aos de Anova e, nomeadamente á FPG, de estar "vendidos" ao "españolismo de Iglesias, de Carmencita --Carmen Santos-- e da Yoli --Yolanda Iglesias--. "Aquí a cuestión é que houbo quen está facendo todo o contrario do que dixo que se ía facer; nin En marea é un proxecto autónomo de Podemos ou Izquierda Unido, nin ten grupo propio como ten Compromís, nin se cumpre o que di o código ético", indican.

Con todo, Martiño Noriega mandaba este martes un aviso. "O espazo está formulado conceptualmente, o que hai é que polo en marcha". "Levo tempo dicindo que no espazo a nivel de composición e exercicio do mesmo, ultimamente o que se bota en falta é que as partes queiran exercer nel e acrediten nel porque é un espazo transformador", sostiña.

Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea
Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea | Fonte: Xurxo Guitián
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

9 Nin Podemos nin IU

En Marea está dividida, sen posible unidade real nin formal. AGE foi un rotundo e sonado fracaso. ANOVA e a FPG entregándose a Podemos e a IU remataron co proxecto galego autónomo: son títeres do españolismo (disfracense de federalistas, o que queiran, a realidade é ver a submisión do 'grupo parlamentar' en Madrid). O ridículo, escaparon da UPG para caer nas redes e servir ao PcE (o vello, con IU, e os reciclados de Podemos, que sairon da casa matriz). Manter a aparencia de unidade de En Marea xa non serve, moitos perdemos a fé. E iso non se recupera, como tampouco se recupera a santidade do BNG, xa foi. Desde a base, pronto ou tarde, vai necesariamente aparecer unha alternativa plural, de esquerdas e de obediencia galega (non tutelada por Madrid non polos seus lacaios de ANOVA e FPG).

1 Gamela

Onde está esa "alternativa" de esquerdas de "obediencia" galega ? Cicais na UPG ? Non gracias

2 sermos mantidos

Ti e a UPG estades igual de ultrapasados. O pior é recoñecer o problema nos demais e non ollarse no propio espello, igual padeces de certa obsesión... Ou ficaches varado nos setenta... E tamén sabemos das túas querencias españoleiras, que tal coas amizades bífidas?

3 Gamela

non seredes vós os que quedaches varados na época do Complemento Lingüistico Galego (xa choveu e aínda non vexo mellora algunha do galego nas aulas!) ¿Será porque polo pan baila o can? Será que calquera "alternativa" pasa pola NOMINA das súas Señorías do Pazo do Hórreo ? Será, será, será... Amén! https://i.gal/gamela05

4 O que queda do BNG

Esperpéntico que falen de "lacaios de Madrid" ou de "títeres do españolismo" dende unha UPG/BNG empufada coa banca española e que non fan outra cousa que exercer de matóns do PP/PSOE contra as Mareas. O pior de ser un cipaio e non darse nin conta. Outra xenialidade: "AGE foi un rotundo e sonado fracaso". AGE? Con tan só tres semanas de existencia, 200 mil votos e sorpasso ao BNG. Está claro, "un fracaso".

5 O que queda da Marea

Hai repetitivo Gamela, proe lembrar o lixo de amizades perigosas con que nadas? Prenda, pide censura (xa o fixeches antes neste medio)! E o outro, pobriño, con nula capacidade de comprensión, repite conmigo: "do BNG, xa foi". AGE foi unha enorme oportunidade, como En Marea. A xestión, o resultado de ambas, un fracaso. Podes retorcerte o que queiras, mais negar o evidente, iso non! Presta ser servo agradecido de Podemos e do PcE? Estás no teu dereito de agacharte e baixar as calzas, tamén de gozar con óso de recompensa... Agora ben, non presumas de libre nin de galego! Os amos do sistema están contentos coa vosa farsa de oposición: olla, até vos dan protagonismo na Sexta de A3 Media! Ides facer a revolución apoiados polos Lara de Planeta, se cadrar até La Razón vos premia...

8 4000 euros mais Chofer

No tema político todos coinciden, Pablo manda non votar a Pedro e todos sí señor, Pablo manda votar a Pedro a cambio de nada e todos sí señor, Pablo "presta" deputados a Albert e non haberá problema tampouco. O problema é canto manda cada quen. Un partido sen bases e no que todos son xefes pero non se explicitou quen é máis xefe que quen e por iso pasan estas cousas falta de previsión

7 Gamela

CERNA / Mario López-Rico é o cabalo de Troia / e detrás del está "la mano que mece la cuna" Paco Rodríguez UPG (coma sempre!) http://www.galiciaconfidencial.com/... E o obxectivo final é destrozar calquera alternativa que pase olímpicamente do seu proxecto estalinista para unha Galicia que XA NON EXISTE NIN EXISTIRÁ XAMÁIS (agás na cabeza dos teimudos da UPG)

1 Vulpes vulpes

Tu varías... Estás desquiciado ultimamente...

2 Gamela

Pode ser... que leve 40 anos desquiciado?

6 Cabreiroa

A nova forza política a crear para Galiza o que non pode en caso algún é seguir, cando exerza o poder, a política do BNG de Pontevedra e a súa aposta decidida polas privatizacións dos servizos públicos. Tampoco polo exceso de asistencias técnicas, e esa manía por ter contentos e mantidos a certos músicos, escritores e poetas. E tampouco claro que certas persoas non queiran deixar nunca o poder. Como o tal Lores. Todo un cancro para o BNG.

1 La pastillita loqui

Que pesado eres loqui que si que Lores se presenta mucho i mejor que no se presente y ademas le quitaron la deputación a tu amigo Louzán

5 Escar Miento

Por qué siguen mirándose el ombligo? a quién le importa qué proyecto tenga un jubileta como Beiras, un resentido como Ábalos, una mediocre como Yolanda o un aprovechategui como Noriega, ya sin mencionar al grupo de figuras de cera que enviaron al Congreso español (eso sí a cuatro mil cucas al mes)? En esta etapa, mi País, Galicia, ni estuvo, ni está ni se le espera.....qué tal si se empadronan todos en Burgos o Valladolid y siguen jugando con Eche, Iglesias y el resto a engrandecer la España Imperial? Besitos!!!!!

1 Bernal Calvo Delaciga

Seguro que Zarzuelas, Guillerme, Jorqui, Olaia... foron ao Congreso durante 5 lexislaturas sen cobrar, non? Pregúntalles no próximo Akelarre Nacional do BNG pola fortuna que amasaron en 20 anos por non facer absolutamente NADA máis que venderse ao mellor postor por catro migallas.