Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/06/2018 | Actualizada ás 16:27
A pregunta é obvia, esperades cambios nas políticas dentro de RTVE despois da moción da censura?
Non está tan claro. Iso non depende do novo goberno, que non ten capacidade para cambiar as estruturas de CRTVE. Para iso ten que haber unha maioría dentro da cámara. Ten que haber acordos para sacar a lei de onde está, para desbloqueala. Por nomear una nova dirección ou presidencia neste caso. Ademais reformar integramente toda a corporación de Radiotelevisión Española. Pero insisto, iso non depende dun executivo senón de una maioría parlamentaria.
E durante este tempo, ata que se nomeen novos cargos, continuará a mesma política mediática.
Si, si, digamos que a situación en televisión no que toca aos informativos, que é o que nos afecta, non parece que a cousa cambie de momento, cambios na estructura. Se non nomean un novo consello de administración e un novo presidente que teñen que consensuar, ata ese momento seguirá a mesma política. Seguirá esa mesma política informativa e nós desde o Consello teremos que seguir denunciando os casos de manipulación informativa que sigan aparecendo.
"Un novo goberno non ten capacidade de cambiar as estruturas de CRTVE"
Ademais de modificar tanto o organigrama como a dirección do ente público, que outras reivindicacións están sobre a mesa?
Que se recupere o espíritu que fai da televisión pública un medio que estea a favor dos cidadáns, e que non estea sometido a un goberno ou a un partido político. Se se recupera iso, que debe ser a raíz troncal da reforma e da rexeneración democrática de RTVE, podemos consensuar o nomeamento de alguén sen tacha e cun longo percorrido profesional para a dirección. Desde aí facer nomeamentos no mesmo sentido, para ocupar os postos de responsabilidade nos informativos de radio e da televisión públicas. Por tanto consensuar unha figura profesional que acabe con esta etapa negra. Para iso ten que haber consenso e ganas de facelo.
Sente que Pedro Sánchez ten vontade para que iso sexa así?
Pedro Sánchez só ten 85 deputados, tería que sumar maioría absoluta. Ata a semana que vén non se vai facer ningún cambio, despois dunha lectura da mesa das Cortes. Ata a próxima semana non sei se estaba previsto ou non, que se volvese debater. Nesa reforma da lei que é de setembro de 2017, se se desbloqueaba, o acordo creo que era Que sería necesaria unha maioría de dous terzos para elixir o presidente da Corporación. O actual presidente tería que deixar o cargo en xuño porque en teoría acaba o seu mandato. Pero tamén pode seguir por que mesmo hai conselleiros que seguen ata tres anos máis desde que caducasen os seus postos. Pero se non se conseguen os dous terzos nunha primeira votación, que parece que é o que vai pasar porque se entra Pedro Sánchez, o Partido Popular vai estar moi anoxado como dicía o do PNV, Aitor Esteban, Para dar esta maioría de dous terzos. Nós o que pedimos é que se sumen a esa maioría. Se iso non acontecese, o presidente do consello de administración da Corporación, poderían ser elixidos no a segunda volta coa maioría absoluta que son 176 deputados. Pero isto só pode ser nesta ocasión, nas seguintes tería que ser maioría consensuada. Esta sería una cláusula antibloqueo Que incorpora ademais, a obligatoriedade de que catro grupos parlamentarios estean entre eses 176 deputados. Isto sería para evitar un bloqueo por parte dunha forza política.
"Que se recupere o espírito que fai da televisón pública un medio a favor dos cidadáns"
Como se trataban as informacións relativas a Gürtel ou Cataluña e como afectaba aos traballadores e traballadoras no día a día en RTVE?
A práctica xeral era poñer o foco nos casos que afectaban máis á oposición. Por outra banda tratar de difuminar ou suavizar os que afectaban o partido do goberno. E cando non se podían negar, atemperalos dalgún xeito. Un exemplo foi non tratar a comparecencia de Mariano Rajoy como testemuña no caso Gürtel, que era a primeira vez que comparecía un presidente do goberno, somos a única televisión xeralista que non o deu. A única análise que se lle deu foi na canle “24 horas”, espazo minoritario. Hai temas como un artigo en The Guardian criticando a Sánchez por non apoiar a Rajoy na investidura, iso sae no telediario e aos vinte días aparece otra noticia no mesmo xornal, criticando a Rajoy por non actuar contra a corrupción e iso non sae no telediario. Isto é unha dobre vara de medir.
Houbo máis polémicas?
Houbo un problema con periodistas que denunciou a Asociación de Prensa de Madrid, APM. Esta asociación cando pide que se desbloquee a situación de Televisión Española Por ternos ido os xornalistas vestidos de negro os venres, non se di nada. Cando apuparon a Rajoy en Uruguay non o demos, cando o famoso vídeo da secretaria de Estado de Comunicación, con aqueles exabruptos dirixidos os pensionistas, fomos practicamente a única televisión que non ofreceu ese audio nin ese video. Demos audios que afectaban a consellería de Emprego en Andalucia, ou algún conselleiro en Cataluña, que hai que facelo, pero tamén hai audios do anterior ministro do Interior, que falaban de fabricar probas contra opositores políticos, nin demos os audios nin chegamos a escoitalos. Cando xa é imposible tapar algún caso que afecta ao goberno, queren disimular durante o primeiro tramo, como foi o caso do ministro Soria, no que os primeiros días só se informaba do que dicía o PP.
Como se tratou o tema de Feijoo e Marcial Dorado?
Tampouco se deu moito. Se chega a afectar a un alto cargo da oposición, sería analizado moito máis en profundidade nos programas de análise e debate e nos propios informativos. No caso de Feijóo daríase moi pouco, pero sendo xente da oposición cun narcotraficante, a cousa tería sido tremenda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.