Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 17:23
Con motivo do 25 aniversario do seu nacemento, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vai desenvolver ao longo do 2025 diferentes iniciativas para conmemorar esta data, entre as que, tal e como anunciou este xoves, eximirá do pago de gastos iniciais de colexiación aos profesionais que se dean de alta ao longo deste ano.
Así, os xornalistas que se colexien durante o 2025 terán que abonar unicamente as cotas anuais para "poder contribuír á defensa da profesión, ademais de gozar dos servizos e vantaxes de ser colexiado".
"De igual modo que o xornalismo non é posible sen xornalistas, o CPXG tampouco podería existir sen as e os profesionais que, ano tras ano, contribúen coas súas cotas, o seu traballo desinteresado e o seu apoio á institución dos xornalistas galegos", destacou a entidade. Por iso, apuntou, as celebracións do vixésimo quinto aniversario "non poderían estar completas sen ofrecer tamén incentivos para que cada vez máis xornalistas se sumen a esta casa da profesión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.