Podemos, IU e Equo pasan das mareas galegas e pactan pola súa conta ir xuntos coas súas siglas ás eleccións de 2019

As tres formacións acordan concorrer en coalición ás eleccións municipais, autonómicas e europeas que terán lugar en 2019, e condicionan o futuro das mareas en Galicia. Queda por ver que resposta dará Anova a este pacto que ignora a realidade política galega.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 02/06/2018 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Podemos, Izquierda Unida e Equo selaron nunha declaración conxunta o acordo marco para concorrer en coalición ás eleccións municipais, autonómicas e europeas que terán lugar en 2019. Segundo informaron as tres organizacións en senllos comunicados, o pacto definitivo rubricouse este venres "atendendo as vontades das súas bases" e co obxectivo de construír "un bloque histórico do cambio".

Irene Montero, Xavier Domenech, Alberto Garzón, Antón Gómez-Reino, Ione Belarra
Irene Montero, Xavier Domenech, Alberto Garzón, Antón Gómez-Reino, Ione Belarra

Tal e como adiantou Podemos o pasado domingo tras reunir á súa Executiva, o nome acordado para os comicios municipais e autonómicos é 'Unidas Podemos Izquierda Unida  Equo', mentres que para as europeas decantáronse pola marca 'Unidas Podemos cambiar Europa'.

Os tres partidos adquiren na súa declaración conxunta o compromiso de "construír unha España máis moderna, máis democrática e máis xusta social e ambientalmente" e apostan pola coalición electoral como fórmula xurídica "máis adecuada" para representar a súa unidade "sen renunciar á diversidade".

O documento dos asinantes recolle, iso si, que para que a coalición se presente nun determinado municipio non teñen por que estar presentes os tres partidos. Ademais, sinálase que á norma xeral —que di que nas papeletas electorais se recollerá o nome da coalición, as siglas e os  logos de cada unha das organizacións-— poden darse excepcións nas grandes cidades con "marcas consolidadas" como Agora Madrid ou Barcelona En  Comú, ou en Galicia os casos de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, as tres cidades gobernadas polas mareas. Porén, no resto de municipios galegos, o acordo permite que estas tres formacións impoñan as súas marcas sobre os proxectos comúns construídos polas mareas.

Para concorrer ás eleccións europeas e autonómicas, así como aos cabidos insulares en Canarias, cada organización celebrará o seu propio proceso de primarias para despois confluír "nunha papeleta de unidade co respecto á identidade de cada unha das partes".

A data límite para chegar a un acordo en todos os ámbitos territoriais é entre novembro e decembro de 2018. Xaneiro de 2019 será a data límite para a celebración de primarias nos ámbitos municipais que así o desexen e febreiro de 2019, no caso de que ademais esas primarias municipais sexan conxuntas.

A declaración conclúe co desenvolvemento de cinco obxectivos, a saber: lograr un país "produtivo, sustentable e con emprego"; "democrático e solidario"; "con servizos públicos de calidade"; "en igualdade"; e, por último, conseguir "cambiar Europa".

"Este acordo é a consolidación da nosa aposta pola construción do espazo do cambio, que terá ampla presenza do ecoloxismo político. Queremos apontoar aqueles espazos nos que o cambio comezou, e expandir a nosa presenza noutros. Outro modelo non será posible sen unha aposta ecoloxista  nítida e decidida", asegurou o  coportavoz federal de  Equo  Juantxo López de  Uralde. 

QUE PASA CON GALICIA?

Este acordo, que parece non contar coa singularidade da realidade política galega, e máis concretamente das mareas —onde por exemplo Anova ten un peso específico que foi ignorado por estas formacións estatais—, chega logo de que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, ignorase a Galicia como nación no seu discurso no Congreso durante o debate sobre a moción de censura que desaloxou a Mariano Rajoy da Moncloa e colocou na Presidencia de España ao socialista Pedro Sánchez.

Que Pablo Iglesias reivindicase os dereitos de Cataluña e País Vasco como nacións, e ignorase os de Galicia, creou malestar nalgúns sectores de En Matea, principalmente no nacionalista.

Agora, este acordo entre Podemos, IU e Equo volve colocar nun segundo plano as formacións e correntes netamente galegas, ás que Podemos —a matriz deste conglomerado político— volve ignorar e menosprezar.

Co pacto entre Podemos, IU e Equo certifícase que Pablo Iglesias e os seus aliados pasan das mareas e van por libre nas súas decisións. Só Ferrol, A Coruña e Santiago —onde hai marcas consolidadas (Ferrol en Común, Marea Atlántica e Compostela Aberta)— poderán ter 'autonomía' sobre os imperativos de Podemos en Madrid. Nas demais localidades galegas, os 'podemitas' e os seus aliados xa decidiron, con este acordo, condicionar o futuro das mareas, comprometendo a propia marca 'mareas'.

Agora queda por ver que posición adopta Anova ante este escenario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

17 arredista

Titular tendencioso e "noticia" completamente inventada. O pacto Podemos-IU-Equo é para a meseta, que é onde existe Unidas Podemos (UP). En Galiza e Cataluña non existe UP, senón En Marea (e as respectivas mareas municipalistas) e Catalunya en Comú, respectivamente. Todo o mundo o sabe, non entendo logo que se inventen noticias coma esta, a non ser que teña algunha intencionalidade oculta coma a de encirrar aos que habitualmente se dan cita nestas "novas" para vomitar o seu odio.

1 Pepóptero

Ja, ja, que gracia, agora vai resultar que GC é do BNG. Cando critica o BNG é guai del Paraguai pero cando saca unha cousa que non vos gusta son malísimos. Pois iso, sempre hai que disfrutar dos momentos doces porque se acaban.

16 Gamela

Sería moi conveniente, de cara ás eleccións municipais 2019, que a lista da actual Marea de Vigo fose discutida polo miúdo E CON CRITERIO para ter algún futuro nesta cidade. Levamos 3 anos sofrindo en SILENCIO forzoso os paripés de Rubén Pérez e a súa CENSURA en Redes Sociais e na propia web da Marea de Vigo. Sería moi conveniente que Podemos Galicia (EU - Equo) NON se convertira nun lugar de retiro político para grupos que aproveitaron a ausencia de Podemos nas eleccións de 2015 para ASALTAR o Concello e empoleirarse nunha "representación" que NON REPRESENTA Á XENTE (senon aos intereses dos vellos cadros políticos dunha esquerda que nunca fixo nada por Galicia). Se PodemosGalicia abandona o Partido Instrumental En Marea non debera se converter no recuncho para xubilados políticos de longo percorrido. Que, amáis de vivir da política, farán inviable calquera avance do PARTIDO DA XENTE no futuro.

1 Gamela

SERÍA MOI NECESARIO ABRIR UN FORO PÚBLICO de PODEMOS GALICIA para DEBATIR en público a un ano das eleccións municipais. URXE invitar á CIDADANÍA a PARTICIPAR EFECTIVAMENTE nas decisións que lle afectan e abrir dunha vez o camiño da Democracia Participativa! DIÁLOGO PÚBLICO e fuxir das trincheiras (como sucedeu co proxecto fallido de En Marea!)

15 A Kona Josiño

A ver baila galleguiño, muiñeira, marisquito, tiruliiii tiruliiiiii...

14 Bernal Calvo Delaciga

Que decepción ides levar cando vos enteredes da información real --que este pacto non é para Galiza e Catalunya-- e a contrastedes con estas "noticias" cociñadas por este e outros medios coa única intención de encirrar os trolls rabiosos do BNG. Pobres ilusos, levades caendo nas mesmas trampas dende 2012.

1 Si campeón

Hombre que raro que non saíse o liberado Calvo Delamarea a xustificar a liberacionciña

2 contraintuitivo antimarea

Os comunistas do peceiro de Ourense xa fixeron a sua xogada mestra 21 persoa da militancia do partido, algún de concellos foráneos coma a Peroxa, votaron xa polo único candidato o jose manuel, xa esta todo arranxado esta vez non vai ser eleccións libres onde sae outro e despois teñen que botalo todo abaixo, o das votacions democráticas, esta vez foi por dedocracia sin ningún enmascaramento o estilo a marea de coruños e santiAGE de componendas (ALCALDE PODREIROS E ALCALDE MERENDIÑO) xa esta feito a montaxe e polo tanto non entran sinon queren entrar o podreiros local, que son alcumados como os parvos da cidade de Ourense, anunciase un-ha caída de votos do dobre do sacado... pero non se preocupen que Waldo das JONS xa ten casiña onde vivir (650.000 euros) xa comenza a porse a altura do vello -Vieiras feudo de reborainas

13 Hipócritas

Ben que aplaudistes os cinco do "subgrupo". https://arepublicagz.wordpress.com/...

1 comunista independentista

Cantas webs, blogues e perfís troll ten o Bloque xa? Perdín a conta. Vai chegar un momento no que o Bloque teña máis trolls ca militontos.