Os críticos non queren eleccións anticipadas nin formacións "franquicias" de En Marea

Críticos de En Marea --que integran Podemos, EU e Anova-- difiren de Villares e da dirección e insisten na "autonomía" das mareas municipalistas. Tamén hai uns días IU e Podemos anunciaron que queren impoñer as súas siglas nas municipais, algo que tamén denuncia o sector oficial de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2018 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O sector crítico coa dirección de En Marea afeou que o portavoz rupturista, Luís Villares, non agardase ao pronunciamento do "consello político" da organización e pedise publicamente a convocatoria de eleccións no caso de que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, abandone a Xunta para relevar a Mariano Rajoy á fronte da dirección nacional do PP.

Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas
Alcaldes de las mareas municipalistas gallegas

"Criticamos que se fixese esa declaración cando non había unha posición tomada polo Consello das Mareas. É o consello político quen ten que tomar a decisión", declarou Gladys Afonso (Anova), que actuou como portavoz do sector crítico coa dirección de En Marea ao termo da reunión do Consello celebrada este sábado.

Así, Afonso, acompañada por Daniel Calvete e Oriana Méndez (tamén de Anova), asegurou que, para o sector crítico de En Marea, "non é o momento de solicitar unhas eleccións anticipadas senón de reclamar que o PP renda contas diante do pobo galego". Unha posición que tamén se comparte no PSOE e en Podemos.

Deste xeito, os críticos --enfrontados desde fai máis dun ano ao sector que controla os órganos políticos de En Marea-- difire do criterio da dirección e de Villares, que reclamaron no Consello da formación deste sábado a convocatoria de eleccións autonómicas se Feijóo dá o salto a Madrid e decide deixar a Presidencia da Xunta de Galicia.

Para este grupo (integrado por representantes de Anova, EU, Podemos e algunhas mareas municipalistas como Marea Atlántica), a reclamación efectuada por Villares o pasado xoves "tería que ser decidida amplamente pola dirección política e o conxunto de inscritos" antes de que o portavoz "saíse á palestra cun tema deste calado".

"FRANQUICIAS"

Por outra banda, acusaron á dirección do partido instrumental de querer crear "franquías" nas distintas localidades co seu ofrecemento para que En Marea sirva de marca "paraugas" nas eleccións municipais do próximo ano de cara a aumentar o peso das mareas nas deputacións.

Así, após defender que as mareas municipalistas deben gozar de "autonomía", aseguran que articular os proxectos locais baixo a "marca" En Marea "vai en contra da autoorganización das clases sociais populares galegas que con iniciativa, independencia e autonomía decidiron en 2015 tomar as rendas do seu destino".

Os críticos cren que En Marea debe limitarse a "apoiar" as súas decisións e "non impor nin marcas nin franquías". "Son as mareas as que teñen que decidir como queren coordinarse e organizarse", engadiu Gladys Afonso. Unha crítica que, curiosamente, fan os tamén sectores oficiais a IU e Podemos por querer impoñer as súas siglas nas municipais, europeas e autonómicas. De feito, un dos argumentos utilizados por Pablo Iglesias é ir baixo un mesmo "paraugas" para ter máis poder nas deputacións. Sobre esta postura, Anova aínda non se ten pronunciado de xeito oficial. .

Respecto ao reto lanzado desde Cerna para que os partidos que conforman En Marea "se disolvan" en aras de facer que na organización rupturista só existan persoas a título individual e non formacións políticas, os críticos evitaron pronunciarse porque consideran que se trata de "unha decisión" da propia Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

12 hector@sanchez

No Plenario do 15 de decembro do 2016 aprobamos este DOCUMENTO POLITICO:"1.Reforzar En Marea como suxeito político. En Marea é un proxecto político galego de Unidade Popular onde participan cidadáns e cidadás, activistas para o cambio social, a titulo individual. Nese senso os partidos e organizacións deben participar da Marea, máis deben ceder a súa soberanía a En Marea.En Marea vai sendo o resultado dun proceso de unidade popular e confluencia, de acumulación de formas diversas, en que a cidadanía do común toma a iniciativa e as organizacións contribúen, como motores auxiliares, a darlle continuidade e consistencia. Pero as organizacións como tales xa non son En Marea; ..." Así como aprobamos que as organizacións sexan "motores auxiliares", podería aprobarse que non existan organizacións distintas de En Marea, o que faría que estiveramos en En Marea quen cremos nela.

1 Un galego

Creo que a moita xente de ben vos tomaron o pelo. Van queimar moita xente para maior gloria do pp.

2 FPG FOR EVER

rosalia, o rosaria (noiva de comunista dependentista) deixa as noivo e deixa as drogas, as drogas non son boas conselleiras

11 Bernal Calvo Decomisiones

Fai falta un mapa, quen son os "críticos". Se TODOS son críticos!!!! Todos se critican entre eles con fraternais coiteladas e patadas voadoras estilo Cheira! Lanueva Enemistaz Regionalista

1 Bernal Calvo Delaciga

Me gusta más cuando comentas en castellano! Nótase, como españolizado lorista, que che sae da alma! E, como exemplar e disciplinado upegallo lorista, do peto! Hai a paz do cemiterio do BNG, iso si que mola!

10 Xan do Can

Gladys, Calvete e Oriana son "críticos"? Eu diría submisos peóns do negocio da partida! Por certo, para apadriñar un dos retoños do sumo líder Pablo Iglesias e da sacerdotisa maior, supoño que terán reservado o Beiras ou o Ferrín. Se fora por achaques da idade, pode representalos Martiño, Ferreiro ou Antonciño, tan ben disciplinados. Para mudar os cueiros, Gladys, Calvete e Oriana estarán moi dispostos, até gozarán co cheiro, un privilexio que haxa galeguiños tan serviles.

9 sermos mantidos

Que grande lección da cuadrilla da enchufada filla do Ferrín, que enorme validez de modelo defenden os colegas independetistas da FPG, que marabillados ficaron en ANOVA con Podemos e con IU do PcE!!! Todo o que, con razóns certeiras, criticaron do BNG comandado pola UPG, todo e moito máis acatan e aplauden se chega de Madrid!!! Viva a nova sucursal de Unidos Podemos!!! Presumamos de ser galegos serviles e domésticos de Madrid!!! Todo, coma sempre, pola liberación de catro trepas!!!

1 La pastillita loqui

Si loquito pero aun van ser mejores que tu amigo Louzán

8 Xanc

Lembro cando membros de Anova(Irmamdiños daquela) dicían que o modelo frentista, unión de partidos do Bloque era vello e estaba superado. Dicían de montar un movemento de adscripción individual. Agora xa non vale o modelo de En Marea de adscripción individual. Din que hai que ir en coaligacion de partidos... Pois si que van ser rupturistas (de todo o que tocan) e marxistas (de Groucho)